CLUB DE LECTURA


"OS BELULECTORES". 2017-2018
Saúdos a todos. xa iniciamos o club de lectura. Estamos a ler "20.000 leguas de viaxe submarino"




Club de Lectura"OS BELULECTORES". 2016-2017

Este curso arrancamos unha nova andaina co "Club de Lectura" formado polos dez nenos e nenas  de sexto de primaria . Desde o día dez de outubro, reunímonos todos os luns , na Hora de Ler, para ler e falar do libro escollido para esta primeira volta "Oliver Twist".



Unha vez fimalizada a lectura,visionamos a película musical OLIVER!
Rematamos a actividade cunha posta en común sobre a literatura e o cine da que concluímos a seguinte valoración:


-"Paréceme unha novela excelente , podes ver como era a vida e a xente naqueles tempos. Gústame como describe Dickens os personaxes. Parece que o que ri último, ri mellor.
A película é maravillosa, a música lévate as emocións. Recomendo ler antes a novela porque son moi diferentes" RAMÓN.

-"O libro pareceume increíble e interesante. A película é única e divertida"  RAQUEL

-"Gustoume moito a película e o libro, aínda que hai algunhas diferencias entre eles. Moi recomendable" ANDREA

LA ISLA DE NIM
O segundo libro escollido foi "LA ISLA DE NIM". Nim vive nunha illa no medio do océano, co seu pai. Durante uns días viviu ela soa cos seus amigos: un león marino, unha iguana e unha tartaruga e grazas o seu ordenados mantén contacto co mundo exterior.
Desta volta, a lectura facíamola na casa e comentabamos os capítulos no club.

A valoración final foi moi positiva. Destacamos:
-Poder ler a novela e ver a película.
-A posiblidade de ver cine musical.
-Ler libros que seguramente nunca o farían.
-A convivencia entre os compañeiros.
-Unha suxestión foi que o club debería ser máis días.   














UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE!!!










 Club de Lectura"OS BELULECTORES". 2015-2016

"Nata y chocolate" de Alicia Borrás e  "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure son as lecturas escollidas para este curso.


"




Hoxe é luns ,e coma todos os luns, o Club de lectura "Os belulectores"xuntámonos para falar do libro "Palabras de caramelo".




Antes de lelo recomendamos o visionado deste video cedido polo colexio de Aldán onde se pode ver como e donde vive o pobo saharauí.https://www.youtube.com/watch?v=UcQof6M4jAY
Axudaravos moito a entender a lectura deste fermoso libro.



Onte rematamos o Club de Lectura de "OS BELULECTORES" .Como colofón, tivemos a visita de Gonzalo Moure, autor do libro que acabamos de ler e que tanto nos gustou.
Despois da charla fixemos unha pequena festa de fin de club, unha experiencia que valoramos moi positiva e que recomendamos.




GRAZAS!!!!


3 comentarios:

Alba Porto dijo...

Hola eu son unha nena do club e este ano estamos lendo un libro chamado "Nata y Chocolate".
Eu o recomendaría porque hay nenos e nenas que están pasando pola mesma situación de Sonia, e gustaríame que histo se acabara.Por iso o recomendo para que o BÚLLING se acabe.

Gisela dijo...

Eu son unha nena do club de lectura e quero dar a miña opinión do libro que estivemos lendo titulado "NATA Y CHOCOLATE".Eu recoméndollo a nenos e nenas que teñen albinismo como Sonia ou que os estén acosando na escola como Lola lle fai a Sonia.
Cando o comezas a ler non eres capaz de parar; sei que vos vai gustar.

ANIMÁDEVOS A LELO.

Iris dijo...

Recomendo que leades o libro de "NATA Y CHOCOLATE" de Alicia Borrás porque é moi bonito e se os insultan, os pegan, etc... axudáravos a ter forzas.