30 de abr. de 2018

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!

Hoxe contamos cunha visita moi esperada e querida por nós. Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, achegouse ata a nosa biblioteca para falar ,cos nenos e nenas de 5º e 6º curso, do seu poemario "Poemar o mar" e da necesidade da poesía.
Aproveitamos a ocasión para facerlle unhas preguntas que incluiremos na edición do Faro da Escola.




Despois de charlar con nós e recitarnos algún poema, rematou asinando os nosos exemplares.
Non podiamos rematar o mes de abril, "Mes dos libros", de mellor maneira!

MOITÍSIMAS GRAZAS ANTONIO, UN VERDADEIRO PRACER!!

27 de abr. de 2018

ENTREVISTA A PACO MIRANDA!!

Onte o alumnado de 1º de primaria entrevistou ,na biblioteca, a Paco Miranda .
 Paco foi o fundador do C.D. Beluso , o 1º presidente do club e o 1º socio masculino.

A entrevista formará parte do traballo que están a desenvolver para o proxecto Faro da Escola.




MOITÍSIMAS GRAZAS PACO POLA TÚA AMABILIDADE!!!

AS FAMILIAS CONTAN!

Rematamos o mes de abril con máis  familias voluntarias que se achegan  ata a nosa biblioteca e nos agasallan lecturas.
O mércores, 25 de abril, Oihane, co seu fillo  Unai de 6º de Infantil, contounos dous fermosísimos contos:
"TOMÁS EL BROMISTA" Kalandraka e "TE QUIERO RATONCITA" Alfaguara.




O xoves 26, tivemos dúas sesións!! 
A primeira hora da mañán, para o alumnado de Infantil, Loli coa súa filla Aixa cun conto que nos encanta "Paco papán" OQO . Rematamos a sesión coa canción incluida no disco "Contos en cantos"da mesma editorial.


Na Hora de Ler Ester, nai de öliver, contounos "Corre Sebastián, corre! Baía Edicións. Un conto sobre a discapacidade, a empatía e o repecto ás persoas .


MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR LECTURAS !!!

24 de abr. de 2018

AS FAMILIAS CONTAN

Máis animación no "Mes dos Libros". 
Hoxe foron tres nais de Ed.Infantil as que nos acompañaron e compartiron con nós un conto inventado por elas mesmas "As estacións do ano". Un musical onde colaboraron as súas fillas .



MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

23 de abr. de 2018

DÍA DO LIBRO!!

Celebramos o "Día do libro" con apadriñamentos lectores, na Hora de ler, e a presentación da exposición  de "O PRINCIPIÑO" ao  celebrarse 75 anos da súa publicación (Abril de 1943).
 Corenta e catro exemplares cedidos por Loli Docampo-veciña de Bueu- editados en distintos idiomas e dialectos do mundo: CHINÉS, XAPONÉS, COREANO, TAILANDÉS, EUSKERA, GALEGO,...
Estará na nosa biblioteca ata finalizada a Semana Cultural. Estades todos e todas invitados a visitala!














FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

21 de abr. de 2018

ENCONTRO PERIODÍSTICO

O pasado luns16 de abril, dentro das actividades do proxecto "Faro da Escola",o almnado de 2º e 3º de primaria achegáronse a Pontevedra ata o centro Social  Afundación  onde  tiveron un encontro periodístico cos actores galegos: X.A.Touriñán e Diana Nogueira aos que dous dos nosos alumnos poideron facerlles unhas preguntas.


UN ENCONTRO MOI PROVEITOSO !!!

20 de abr. de 2018

"O PARAUGAS DAMEAUGAS"

Na Hora de Ler, Eva e Yanira agasalláronnos co conto "O paraugas Dameaugas" de Anxo Moure.
Un conto que fala da importancia da auga para o planeta Terra.






MOITAS GRAZAS POR ESTA MAGNÍFICA REPRESENTACIÓN!!!

AS FAMILIAS CONTAN

Onte foi Arantxa, nai de Daniela de 6º de infantil, quen se achegou ata a nosa biblioteca para contarnos, axudada pola súa filla,un fermosísimo conto da editorial KÓKINOS: "Unha montaña de  amigos". Un libro que nos fala da amizade e da importancia do traballo colaborativo.



GRAZAS POR COMPARTIR!!

18 de abr. de 2018

ABRIL, MES DOS LIBROS!

Continuamos con máis actividades de animación á lectura,  na biblioteca, neste "Mes dos libros".
Hoxe a quenda foi para os nenos e nenas de 2º de primaria que nos representaron o conto de "OS TRES PORQUIÑOS". Ed. Kalandraka.



Ademais os voluntarios da Biblioteca , ao longo deste mes de abril, son os encargados de sacar no tempo do recreo "AS BELUTECAS" dúas maletiñas cargadas de libros para todo o alumnado.




FELICIDADES!!

17 de abr. de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Ao longo desta segunda quincena de abril, como ven sendo habitual, desenvolvemos a actividade "AS FAMILIAS CONTAN", actividade de animación á lectura onde as familias participan de forma voluntaria.
Hoxe tivemos sesión doble, na Hora de Ler, para o alumnado de 1º de primaria contamos coa colaboración de Palmira que se achegou a contar: "Había una vez una gota de lluvia".Judith Anderson . ANAYA
Resultado de imagen de Cuento "Había una vez una gota de agua"


Rematou a sesión facendo ,coa axuda do seu fillo Roi, un Arcoiris cunha mezcla de líquidos de distintas densidades!!! 

A última hora foi Marina, nai de Mario , quen contou "O monstro de cores" coa axuda do seu fillo.


MOITAS GRAZAS!!!


16 de abr. de 2018

PARTICIPAMOS NA I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA!

O sábado 14 de abril a Praza Massó acolleu a centenares de persoas que quixeron achegarse á
  I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA.
Baixo a carpa, instalada para ocasión, oito "stands " amosaban temas científicos relacionados cunha obra literaria onde os asistentes a modo de xogo, despois de escoitar as explicacións que o alumnado ofrecía, debían superar varias probas para acadar un agasallo .
Ademais houbo charlas como a de María Solar (autora do libro "Os nenos da variola") e obradoiros no Museo Massó para nenos e nenas de cinco anos en diante.
O noso stand "20.000 LEGUAS BAIXO OS MARES" , presidido polo "yellow submarine" onde podiamos facer "foto call", ofrecía diversas actividades que foron acollidas con gran éxito polos visitantes: robótica (A ruta do Nautilus, xoga co Bee-bot), gamificación (actividades Kahoot), xogos  de mesa (afundir a flota), sopas de letras, manualidades, karaoke (YELLOW SUBMARINE)...
Para o público máis pequeno desenvolvemos actividades arredor do conto "O PEIXE ARCOIRIS",
a máis aplaudida foi o contacontos realizado polos nenos e nenas  voluntarios de 6º de primaria en dúas sesións, unha de mañán e outra de tarde.







DESDE AQUÍ DAMOS AS GRAZAS A TODO O ALUMNADO VOLUNTARIO QUE FIXO POSIBLE A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA E EN ESPECIAL AOS NOSOS VOLUNTARIOS.
      PARABÉNS!!

13 de abr. de 2018

I FEIRA DA CIENCIA E DA LITERATURA!

Levar a ciencia e a literaratura á rúa e achegar o coñecemento científico son os principais obxectivos cos que o IES Johán Carballeira organiza a que será a primeira edición de  Feira da Ciencia e Literatura; que se celebra este sábado 14 de abril na Praza Massó.
 Unha xornada na que o alumnado  será o gran protagonista xa que os propios estudantes serán os encargados de exercer de guías e de explicar os contenidos máis destacados do evento.
Un proxecto intercentros  no que o noso colexio participa co alumnado de 6º de primaria adscrito ao programa de "Voluntariado" de Bibliotecas Escolares.
A nosa colaboración xirará arredor do libro "20000 leguas baixo dos mares "de Xulio Verne e para os máis pequenos  "O peixe arcoíris". Contacontos, karaoke, lexcturas, manualidades, robótica, xogos, actividades interactivas, pasatempos,...son as actividades programadas para desenvolver  ao longo de todo o día. En horario  de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.






ESPERÁMOSVOS!!!

10 de abr. de 2018

VISITA DE ARANTZA PORTABALES !!

Mañán, mércores 11 de abril ás 18:00H, contaremos coa visita da escritora Arantza Portabales, autora do libro "Deixa a túa mensaxe depois do sinal".
Libro que vimos de ler no Club de lectura de Adultos , que nos encantou a todas e que recomendamos a súa lectura.


Desde aquí animámosvos a que vos achegedes ata a nosa biblioteca e disfrutemos deste encotro .

8 de abr. de 2018

XIX SALÓN DO LIBRO:"Mulleres de conto"

Do 6 ao 29 de abril pequenos e maiores poderán gozar de numerosos actos na décimo novena edición do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra.

O tema escollido este ano "Mulleres de conto " para o Salon do libro que todos os anos se ven celebrando no Pazo de Cultura de Pontevedra desde o ano 1999 pretende render una homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ás autoras, editoras, ilustradoras, mestras, bibliotecarias...., ao tempo que promover una lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX.

Esta nova edición do Salón do Libro preséntase cargada de novidades e máis de 150 actividades para todas as idades, sempre coa finalidade de promover a lectura e o coñecemento da literatura.

No seguinte enlace tedes información sobre o programa: