7 de nov. de 2017

"MES DA CIENCIA"

Ao longo deste mes de novembro  desenvolveremos diversas actividades relacionadas coa CIENCIA!!!
-Exposición  "VIAXES POLA CIENCIA" sobre a figura de Charles Darwin e a viaxe a bordo do "Beagle"(todo o mes no corredor da biblioteca). A partir desta exposición o alumnado investigará sobre Darwin e a Teoría da evolución das especies.
-Visita á depuradora de augas EDAR polo alumnado de 5º e 6º de primaria (venres 17 de novembro)
-EXPERIMENTAMOS con "AUGA": Experiencias científicas que nos mostrarán os nenos e nenas de 1º de primaria, para todo o colexio, a partir de libros da nosa biblioteca (martes 28 de novembro).






 (PINCHA PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO)


Ningún comentario: