30 de maio de 2017

MARTES DE CONTO!!!

Os "martes de conto" chegan ao sen fin!!!
A biblioteca enchéuse de nenos e nenas que felices acudiron cos seus "padriños lectores"



MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!
 

29 de maio de 2017

"TOÑITO"

Hoxe o alumnado de 5º de Infantil estaban moi nerviosos, tiñan actuación para pais na biblioteca!!!!
Nesta ocasión tratouse do conto "TOÑITO"creado por eles mesmos a raíz do traballo sobre as emocións. Un traballo de grupo que lle quedou realmente ben.



DISFRUTAMOS MOITO!!!
PARABÉNS!!!

26 de maio de 2017

"O COCIÑEIRO MARTIÑO"


Hoxe os nenos e nenas de 6º de Infantil quixeron agasallar aos seus "Padriños lectores" coa representación do conto "O cociñeiro Martiño".Extenderon a invitación ao alumnado de 3ºe 4º cursos.



UN TRABALLO FANTÁSTICO!!
 MOITAS GRACIAS!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Onte, na nosa biblioteca, tivemos sesión de contacontos con Sonia (mamá de Naia,5º de Infantil) que se achegou para contarnos o conto  "O ourizo e a lebre". Gustounos moito!!!
                                    



                         MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

23 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS!!

Como colofón á Semana Cultural, todo alumnado disfrutou na Casa do Pobo de Beluso dunha obra de teatro, promovida polo concello, titulada:"Sabela e o paxaro".




DESDE AQUÍ QUEREMOS MOSTRAR O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS OS  QUE FIXERON POSIBLE ESTA XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!!!

GRAZAS!!!!

22 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS!

Hoxe tivemos unha visita moi esperada por todo o alumnado.Estivo entre nós o actor pontevedrés David Amor. Despois de falarnos da súa vida profesional, todos e todas quixemos fotografiarnos con él. Rematou firmándonos uns  autógrafos  moi agarimosos!!





UN VERDADEIRO PRACER,MOITÍSIMAS GRACIAS DAVID!!!

19 de maio de 2017

LOBO!!!

Hoxe, Uxía, Eva e Yanira quixeron agasallar ao alumnado de Ed.Infantil (na Hora de ler) cun conto que estiveron preparando para este mes de maio. O conto que escolleron titúlase "Lobo"da
Ed. Kalandraka. 
Gustóunos moitísimo!!!PARABÉNS!!!

 GRACIAS POR COMPARTIR!!!!

18 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS!!

Continúa a Semana Cultural!!
Hoxe volveu a visitarnos Manuel Pena (Director do FIC de Bueu), nesta ocasión, para impartir un obradoiro ao alumnado de primaria "COMO SE FAI UNHA PELÍCULA?



Despois do recreo o alumnado de Infantil,1º e 2º cursos de primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo de Iago López,autor do libro "O cociñeiro Martiño".


MOITÍSIMAS GRAZAS AOS DOUS !!!

16 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS (LEDICIA COSTAS)

Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita da escritora viguesa LEDICIA COSTAS en sesión dobe!!!
Pola mañán, estivo co alumnado de 5º e 6º de primaria para falar dos seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta", libro co que acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 e de "Esmeraldina,a pequena defunta". Dous obras que recomendamos aos nosos lectores.





 
  Pola tarde dentro dos Encontros con autores, que vimos levando a cabo dentro da Semana Cultural, Ledicia acompañounos para falar da súa novela "UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA". Un libro de relatos sobre a II Guerra Mundial que non deixa indiferente.Rematamos o encontro cunha conversa distendida, degustando bica e a sinatura de exemplares.
Unha tarde entrañable, agardamos o remate da súa próxima novela para volver a disfrutar da súa compañía.



Anteriormente a este Encontro, levamos a cabo un "Club de lectura"os martes pola tarde. A experiencia foi moi gratificante polo que o vindeiro curso esperamos repetila.


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES E EN ESPECIAL A LEDICIA POR COMPARTIR TODO ESTE TEMPO CON NÓS!
       UN VERDADEIRO PRACER!!!




15 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!!

Hoxe tivemos unha xornada Dcine!!!
Comenzamos ás dez da mañá coa visita de dous actores galegos: Fran Paredes e Casilda Alfaro!!
Con eles falamos de cine, televisión e teatro, no Salón de actos. Contáronnos das súas experiencias, dos seus proxectos, de anécdotas de rodaxe...Moi interesante, aprendimos moito!!!



Despois do recreo,estivo connosco Manuel Pena,director do FIC de BUEU.
Falounos do Festival e trouxo sete curtas proxectadas na pasada edición coas que disfrutamos moito!!

                                          "LA FIESTA"
                                          "PIPER"
                                          "PARTY CLOUDY"
                                          "DAY &NIGHT"
                                          "L´OMBRELLO BLU"
                                          "RILEYS FIRST DAYS"
                                          "MADAM BLACK"

O PRACER FOI NOSO!!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR !!!

12 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos con máis actividades da Semana Cultural.
Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil ofreceunos unha adaptación dramatizada do conto  "O cociñeiro Martiño" Ed.Xerais. O autor Iago López visitaranos o vindeiro xoves cunha animación do mesmo conto.Fixeron dúas sesións,unha para familias e outra para alumnado do cole.




 PARABÉNS,UN MAGNÍFICO TRABALLO!!!

Por outra banda a CUADRANGULAR DE FÚTBOL, unha actividade que todos os anos se leva a cabo entre o alumnado de 6º de primaria dos colexios da contorna: Ceip Torre Cela, Ceip A Pedra, Ceip Virxe Milagrosa e o noso, Ceip Montemogos.

11 de maio de 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!


Hoxe o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria desfrutaron no Centro Sosial do Mar da representación da obra de teatro "A galiña azul " adaptación do libro de Carlos Casares, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras galegas.


GUSTOUNOS MOITO!!!!

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!

Onte, no salón de actos, estiveron Quique Mauricio (autor) e Carlos Taboada (ilustrador ) dos libros da  colección MULLERES GALEGAS da editorial LELA.
Con eles descubrimos a vida e obra da pintora Maruja Mallo. Rematamos facendo, coa axuda de Carlos, unhas caricaturas chulísimas!!
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un traballo en colaboración co alumnado de 3º de primaria sobre o libro "Meiga nova,metade anxo,metade marisco"  que onte nos presentaron, aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada:http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/

 Tamén nos firmaron os nosos libros,cunhas  fermosas adicatorias!!!

Moitísimas gracias por adicarnos parte do voso tempo, un verdadeiro placer!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!!

Continúan acchegánsose ata a nosa biblioteca  familias con actividades de animación!!
Neste caso foi Arantxa, mamá de Daniela de 5º de Infantil, quen  nos contou- xunto coa sua filla- unha fermosa historia de Brancaneves.

MOITÍSIMAS GRACIAS !!!
ENCÁNTANOS  COMPARTIR!!!