16 oct. 2017

OS BELULECTORES 2017/18

Xa comenzamos o club de lectura "Os belulectores"!!

Este curso o libro escollido para o inicio é "Veinte mil leguas de viaje submarino". Julio Verne. Clásicos a Medida Ed.ANAYA
O Club ,como xa ben sendo habitual,desenvólvese na Hora de Ler dos luns na biblioteca,este curso todo o alumnado de 6º de primaria se animou a participar.
                   
                                Esperamos sexa un éxito!!!

5 oct. 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Antonio García Teijeiro recibe con "Poemar o mar" o

 Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017!!




Para saber máis preme

"Un poema pode cambiar o comportamento  dun neno".

MÓLLATE!!

Nas titorías xa están a traballar no proxecto documental  que este curso decidimos porlle o título de                                                                    MÓLLATE!!



Aquí deixamos a mostra duns murais realizados polos máis  cativos do cole!

11 sept. 2017

COMENZAMOS!!!

Comenzamos un novo curso e con el un novo Proxecto Documental: "A AUGA".
Porque sen auga non podemos vivir, porque dela dependemos nós e todos os seres vivos, debemos ser conscientes do enorme privilexio do que gozamos dispoñendo de auga en calquera momento e para todo o que precisemos.Se seguimos a contaminar ou malgastar as diversas formas de auga, este enorme tesouro pode desapararecer. Precisamos cidadáns que sexan protagonistas dunha nova conciencia no uso da auga.Achega a túa gota de auga diaria  no coidado da auga empregándoa ben.
Porque a auga precisa de nós,precisa de ti, MÓLLATE!!

 

 

23 jun. 2017

LECTURAS PARA PASAR UN VERÁN DCINE!!

Despedimos o curso con recomendacións lectoras para pasar un verán Dcine!!!

                      FELIZ VERÁN!!!

REMATAMOS!!!

Chegou o verán e con él as ansiadas vacacións!!!
Como colofón ao proxecto de centro, antes do acto de graduación, o alumnado de sexto de primaria despedíuse coa representación da  obra de teatro "PICADURA MORTAL".Unha parodia Dcine!!





Como peche do acto, dous compoñentes da Banda de Música de Bueu, deleitáronnos con música Dcine!!!


Rematou a xornada cunha sesión de maxia, no salón de actos, e xogos de animación no patio organizados pola ANPA.


BO VERÁN!!!

21 jun. 2017

CARLOS CASARES!!!

Hoxe, na biblioteca, asistimos a unha dobre presentación:
O alumnado de 3º de Primaria expuso o seu traballo colaborativo realizado en torno a vida e obra de Carlos Casares.




E o alumnado de 6º de Infantil e 5º de Primaria elaboraron un vídeo coa técnica de stop-motion a partir do conto "A GALIÑA AZUL" . Foi unha experiencia interniveis moi  positiva e interesante.

 preme aquí


19 jun. 2017

LOS CHICOS DEL CORO!!

Hoxe o alumnado de 5º de primaria, na Hora de Ler expuxo un traballo, que fixeron na aula de música despois de ver a película "LOS CHICOS DEL CORO", sobre as voces humanas e as distintas agrupacións vocais.




Remataron tocando coa frauta  un fragmento da canción "Voir sur ton chemin", tema principal da Banda Sonora da película.
GRACIAS POR COMPARTIR!!!

16 jun. 2017

FIADEIRO 2017

Hoxe todo o alumnado levou para as súas casas  o  FIADEIRO (revista escolar) onde se amosan algúns dos traballos do noso Proxecto de Centro .
Deixamos o enlace :

https://www.slideshare.net/edinfantil/fiadeiro-2017
Preme na imaxe



CONTACONTOS E ENTREGA DE PREMIOS!!

A piques de rematar o curso e as actividades na nosa biblioteca, hoxe Uxía, Yanira e Eva (3º de primaria) sorprendéronnos coa representación do conto "Elmer y sus amigos", un conto sobre a   amizade e a tolerancia.



Aproveitamos a ocasión para facer entrega dos premios aos gañadores do concurso "FRASES DCINE" que repartiron os axudantes da biblioteca (Voluntarios Lectores).




 PARABÉNS!!!!

13 jun. 2017

DO CINE MUDO AO CINE SONORO!!!

Hoxe,na Hora de Ler , o laumnado de 6º de primaria expuxeron un  traballo de investigación que fixeron na aula de música "DO CINE MUDO AO CINE SONORO": Contáronnos cómo comenzou o cine cos Irmáns Lumiêre,cando aparece a que se considera a primeira película sonora, que é a Banda sonora, a importancia da música, o cine musical...  Estivo moi interesante!!!





Grazas por compartir!!!

12 jun. 2017

"OS BELULECTORES"

Rematamos o Club de Lectura cunha charla, en torno a un biscoito, sobre os libros deste curso e as películas :"Oliver Twist" e "La isla de NIM".
Charla que nos serve de avaliación do Club, onde xorden suxestións que temos en conta para vindeiros anos !

 
 GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN E AGARDAMOS SIGADES GOZANDO COA LECTURA!!!

7 jun. 2017

CADERNO DE BELUSO 2017!

O alumnado participante no programa de Titoría entre Iguais (TEI) realizarou unha andaina ata a Praia de Beluso para coñecer o lugar que inspirou a Maruja Mallo o seu  "CADERNO  DE  BELUSO".
Pintamos colaborativamente diferentes vistas: a praia da Roiba, a
Pedra Branca, a fábrica de salazón, a casa con forma de barco de Vázquez Molezún, o porto, os barcos, as rampas, a praia, o mar... elaborando o noso propio CADERNO DE BELUSO 2017.

Unha xornada entre iguais INESQUECIBLE!!











Antes de saír (para comparar a Praia de Beluso no tempo de Maruja Mallo e hoxe) visionamos todos xuntos unha parte do documental"GALICIA" rodado no ano 1936 por Carlos Velo e recuperado no 2010 grazas a unha copia atopada no Arquivo Ruso de Cinema Documental e Fotografía, no que se aprecian diferentes lugares da nosa vila. Esta información está recollida no blog de Miguel García García,  historiador e ex-alumno do noso centro http://aernobriga.esy.es/ii-republica/jose-suarez/







video

6 jun. 2017

A MELLOR SOPA DO MUNDO!!

Hoxe, na Hora de Ler, o alumnado de PROA representou na biblioteca o conto "A mellor sopa do mundo" Ed.OQO .
Un conto que nos fala da importancia da amizade e de compartir.
 Recomendamos a súa lectura!!!





MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!!

5 jun. 2017

HISTORIAS DE CINE



 Con motivo do "Día do Libro" desde a Biblioteca propuxemos un traballo colaborativo de relatos curtos baseados nun fotograma.Con todos os traballos realizados polo alumnado do colexio,editamos un libro que temos catalogado na biblioteca á vosa disposición. 
 Aquí volo deixamos  con todas as  "historias Dcine".

2 jun. 2017

PECHAMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe pechamos a biblioteca para o préstamo (abriremos a última semana para o préstamo de verán). Como actividade de clausura, na Hora de ler, todo o alumnado e profesorado do colexio poidemos  ver as CURTAS realizadas polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria pola igualdade estreadas o Día da Muller  no Centro Social do Mar .
Antes de proxectalas os nenos e nenas protagonistas presentáronnos os seus traballos: a realización do guión ,o casting, as escenas, o atrezzo ,a rodaxe...
O alumnado de 5ª presentou SARA E BRUNO(preme para ver)  e do 6º IGUALDADE SEN FIN, IGUALEDADE INTERMINABL





Tivemos entre nós a unha invitada de excepción:MIRIAM FERRADÁNS !!
 a quen lle regalamos o poemario feito cos poemas escritos polo alumnado de 5º e 6º no obradoiro dirixido por ela na Semana da poesía.



 Miriam correspondeunos con dous poemarios seus para a nosa  biblioteca: "Deshabitar unha casa"(XX Premio Francisco Añon de poesía) e "Nomes de Fume" (XXIX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé).

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS POLO TRABALLO TAN FANTÁSTICO E A MIRIAM POR ACHEGARTE ONDA NÓS E COMPARTIR O TEU TEMPO  E TRABALLO!!