22 de abr. de 2016

23 de abril"DÍA DO LIBRO"

Celebramos o Día do libro con actividades en torno a  "Don Quijote  de la Mancha" nas titorías: lecturas, murais, curtametraxes, actividades LIM...
Ao longo da vindeira  semana, na biblioteca, "lecturas compartidas"  a cargo de distintas persoas invitadas:a profe Lupe, Suso Portela (Presidente da Fundación Novas) e Félix Juncal (Alcalde de Bueu).



Ademais hoxe, venres 22 de abril, as nenas e nenos de 6º de primaria,invitados polo Departamento de Lingua castelá do IES Johan Carballeira ,asistiron aos actos que se levaron a cabo con motivo do IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES:
-Dramatización cap.XXIII (Estancia de Quixote en Serra Morena).
-Baile : Loita Don Quixote!
-Entrega de premios(marcapáxinas, carteis, stopmotion e videos).





Finalmente acompañados por alumnas de Literatura Universal ,na aula de informática, investigamos sobre a vida e obra de Cervantes.


Desde aquí reiteramos as gracias por facernos partícipes desta celebración.
 Unha experiencia enriquecedora!!!



Ningún comentario: