23 de out. de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

Hoxe,na Hora de LER, foi un día moi especial para a nosa biblioteca e sobre todo para a nosa mascota. . Os nenos e nenas de 6º de primaria iniciaron o proxecto documental "BICHIÑOS"  cunha exposición oral  sobre "Belusiña".
Un traballo de investigación e ficción onde descubrimos que os vagalumes son invertebrados, artrópodos, insectos coleópteros, a súa metamorfose ... e tamén a "historia de Belusiña",onde naceu,o nome dos seus pais,como chegou ata Beluso e se quedou con nós, na nosa biblioteca... Un traballo realmente fantástico.
                                        PARABÉNS!!!

 

    Ao final Belusiña agasallounos cunha  piruleta a todos, pequenos e maiores.

                   VIVA A BIBLIO!!!!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Felicidades a los responsables de la biblioteca . Hacéis un magnífico trabajo: cercano a todos los miembros de vuestra comunidad educativa , diario , constante ...Aunque es un trabajo fácil seguro que es muy satisfactorio .
Mucho ánimo.