19 de abr. de 2024

Invitación "As Familias Contan"

 Familias estades convidadas a participar na actividade  As familias contan 2024

Durante o mes de abril, Mes dos Libros, retomamos a actividade de AS FAMILIAS CONTAN.

Animádevos a ler ou dramatizar un conto, un poema, un capítulo dun libro.

Se algunha familia está interesada en relacionar contos e experimentos, estariamos encantadas de asesoralos, “En abril… Contos e ciencia sen fin”.

Contactar co Equipo de Biblioteca para concretar a data e a hora.

Mil grazas por participar nas actividades propostas!

 Esperámosvos entre o luns 22 de abril e o venres 24 de maio!

Acompañamentos Lectores 2024!

En Abril... Libros e Ciencia sen fin!

Iniciamos o mes de abril con propostas científicas no laboratorio... e este venres 19 cun marabilloso sol de primavera gozamos todas e todos dunha actividade con moito éxito e tradición  no noso cole... OS ACOMPAÑAMENTOS LECTORES. 

Rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria leron para os nenos e nenas máis novos convirtíndose en verdadeiros padriños e verdadeiras madriñas lectoras!!

Foi unha xornada moi emocionante!



































 

Xuntanza club de Lectura con Consuelo Vercher!

 Esperámosvos o martes 23 para celebrar xuntas o Día do Libro cunha xuntanza do Club de Lectura de adultos coa escritora Consuelo Vercher autora do libro Charlotte!



Abril... Lectura e Ciencia no Laboratorio!

 Este mes de abril, no laboratorio, temos diferentes propostas científicas relacionando Ciencia- Arte- Lecturas e Deportes.

Ven a investigar, a crear, a ler sobre o Magnetismo!