2 jun. 2017

PECHAMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe pechamos a biblioteca para o préstamo (abriremos a última semana para o préstamo de verán). Como actividade de clausura, na Hora de ler, todo o alumnado e profesorado do colexio poidemos  ver as CURTAS realizadas polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria pola igualdade estreadas o Día da Muller  no Centro Social do Mar .
Antes de proxectalas os nenos e nenas protagonistas presentáronnos os seus traballos: a realización do guión ,o casting, as escenas, o atrezzo ,a rodaxe...
O alumnado de 5ª presentou SARA E BRUNO(preme para ver)  e do 6º IGUALDADE SEN FIN, IGUALEDADE INTERMINABL





Tivemos entre nós a unha invitada de excepción:MIRIAM FERRADÁNS !!
 a quen lle regalamos o poemario feito cos poemas escritos polo alumnado de 5º e 6º no obradoiro dirixido por ela na Semana da poesía.



 Miriam correspondeunos con dous poemarios seus para a nosa  biblioteca: "Deshabitar unha casa"(XX Premio Francisco Añon de poesía) e "Nomes de Fume" (XXIX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé).

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS POLO TRABALLO TAN FANTÁSTICO E A MIRIAM POR ACHEGARTE ONDA NÓS E COMPARTIR O TEU TEMPO  E TRABALLO!!

No hay comentarios: