28 abr. 2017

TALLER DE ALFOMBRAS DE CORPUS!

Ao longo de toda a mañán , os nenos e nenas de 1º a 4º de primaria realizaron un taller de alfombras florais en colaboración coa ANPA e a Asociación de Alfombras de Bueu. Este ano a figura homenaxeada é "Maruja Mallo" pintora surrealista, moi vencellada ao noso concello, a quen se lle adica este ano  "O Día das Artes Galegas".




UN TRABALLO EXTRAORDINARIO. MOITAS GRACIAS!!!

VISITA DA ACTRIZ MÓNICA CAMAÑO!!

Hoxe tivemos con nós á actriz galega MÓNICA CAMAÑO, de Cangas do Morrazo.
Coñecida por participar en series da TVG como "Matalobos" ou en "Terras de Miranda".
Nominada a varios premios María Casares, gañou no 2008 o Premio a mellor actriz secundaria polo espectáculo "Emigrados". Participou nas  películas: "O lapis do carpinteiro","As leis de Celavella", "Efectos secundarios"...
Con ela, o alumnado de 5º e 6º de primaria , a través de xogos e dramatizacións traballaron as emocións. Foi unha experiencia emocionante! Pasáronno realmente ben!!!



MOITAS GRACIAS MÓNICA!!!

27 abr. 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!


 A piques de rematar  abril "Mes dos Libros"  continuan as colaboracións na actividade  "AS FAMILIAS CONTAN".
Onte Cristina ,acompañada da súa filla de 6º de Infantil, deleitounos cunhas ADIVIÑAS chulísimas: de bichos, cine , personaxes de contos...Encantáronnos!!



Hoxe tivemos sesión doble de contacontos por parte das familias.
En primeira sesión, foi Bea (mamá de Emilio, Ed.Infantil) quen nos contou "La historia de los tres cerditos", unha historia moi diferente á que coñecíamos.



En segunda sesión Pepi, co seu fillo Paulo de 2º de primaria, contounos unha historia sobre o repecto aos animais, inventada por ela, á que nós  titulamos:"LA DESAPARICIÓN DE SULTÁN"



GRACIAS A TODAS E TODOS !!!

26 abr. 2017

SAIDA AO COLEXIO DE "A PEDRA"

Con motivo do "día do libro",o  CEIP "A Pedra" de Bueu invitou ao alumnado de 4º e 6º de primaria a compartir unha xornada moi especial.
Primeiro, na biblioteca de  "Papirus" que é así como chaman á súa mascota, coñecimos aos nenos e nenas de 4º A de primaria que farían de padriños lectores para os nosos nenos e nenas de 4º, aos que con anterioridade lle enviaron unha invitación personalizada.



Despois vimos a  exposición de "O Principiño"que teñen na súa biblioteca.Trátase de 78 libros de diferentes partes do mundo, cedidos por unha nai de alumnos do colexio.
 Gustounos moitísimo!!!




 Fixemos unha parada para merendar todos xuntos.Todo estaba riquísimo!!


Na Hora de ler, disfrutaron lendo en compañía dos seus "padriños" polo patio:


Os nenos e nenas de 6º Curso "Voluntarios lectores", do noso colexio, agasallaron aos nenos e nenas de 1º de Primaria coa dramatización do conto "O monstro de cores". Fixéronno mi ben!!

Rematamos a xornada cunha breve "Historia do cine" contada pola encargada da biblioteca do Ceip "A Pedra"axudada por alumnos/as  de 4º de primaria do noso cole.


Un día realmente enriquecedor, moitísimas grazas pola invitación.
 Agardamos a vosa visita. Estades convidados!!!!

24 abr. 2017

"DÍA DO LIBRO"

Onte 23 de abril foi o "Día internacional do libro" no cole celebrámolo hoxe, na Hora de Ler, con apadriñamentos lectores por tódolos recunchos do colexio.

 Aí vai unha pequena mostra:








21 abr. 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!!

Mónica e Álvaro, pais  de Mara de 6º de INFANTIL, visitáronnos esta mañá cunha sorpresa moi especial.
 Estivemos vendo as fotos realizadas durante a súa expedición científica pola Antártida: icebergs, glaciares, elefantes mariños, focas, pingüíns.. IMPRESIONANTES!!!!
Contáronnos un conto clásico precioso ambientado na tribu selknams u onas, tribu que habitaba en Terra de Fuego,  titulado: "Blancanieves en la Tierra de Fuego".




 

                       MOITAS GRAZAS!!!

20 abr. 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Seguimos coa participación das familias no mes de abril!!
Hoxe achegouse a mamá de Oliver (6º Ed.Infantil) con  dous contos rimados que nos encantan :
"O PIRATA PATA DE LATA" e "UNHA PANTASMA CON ASMA".


GRACIAS POR COMPARTIR!!!

19 abr. 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Continuamos no "mes dos libros" con actividades de animación, na biblioteca, por parte das familias.
Hoxe foi Noelia, a mamá de Elena de 5º de Infantil, quen se achegou onda nós para contarnos xunto coa súa filla unha historia de creación propia :"A PRINCESA ÁMBAR NO PAÍS DOS PELUCHES". Un fermoso  conto  sobre a igualdade e non discriminación!!
 


 

7 abr. 2017

FRASES DCINE!!!

Para este terceiro trimestre propoñemos, desde a biblioteca, un novo concurso:"FRASES DCINE".
A partires dunha frase dada, cada neno ou nena terá que averiguar de qué película se trata e cubrir un breve cuestionario que entregarán ben cuberto na biblioteca.
Este mes a frase é "Hasta el infinito y más allá".



Xa sabedes de qué película se trata? Ánimo é moi fácil!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe contamos coa vista de Palmira,mamá de Roi (Ed.Infantil), que se achegou ata a nosa biblioteca para narrarlle aos nenos e nenas de Infantil a historia de  "La Bella Durmiente" acompañada dun "cine caseiro", feito por ela e o seu fillo.


MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

6 abr. 2017

EMOCIÓNS!!!

Hoxe ,na biblioteca, poidemos ver un traballo que realizaron os nenos e nenas de 6º de infantil sobre as emocións.
Partindo de escenas de diferentes películas os nenos e nenas van reflexionando sobre as distintas emocións: a alegría, a tristeza, a ira, o enfado e o medo.

                                          (ALUMNADO DE 3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA)

 
(ALUMNADO DE INFANTIL,1º E 2º DE PRIMARIA)

Deixamosvos o enlace ao blog de infantil onde está colgado o video que fixeron do traballo:
PARABÉNS!!!!

5 abr. 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe ,na Hora de Ler, Loli (mamá de Aixa de Ed.Infantil) contounos un conto que nos encanta
 "TÍO LOBO"Ed.Kalandraka.



E tamén nos recitou dous poemas de Gloria Fuertes:
                                "Cómo dibujar un payaso" y "Cómo se dibuja una bruja".

                                   MOITAS GRACIAS!!!

4 abr. 2017

MARUJA MALLO

Con motivo do "DÍA DAS ARTES GALEGAS"celebrado o pasado 1 de abril e adicado este ano á pintora galega Maruja Mallo.Queremos render a nosa pequena homenaxe cunha exposición sobre á artista que pasou un verán na "praia de Beluso", un dos lugares con máis encantos da comarca e tan cercano a nós.


 Máis información:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-sin-sombrero/3318136/


Murais realizados polo alumnado de 5º de primaria sobre a pintora!