24 feb. 2017

UN ENTROIDO DE CINE!!!

Como non podía ser doutro xeito, este ano saimos á rúa a facer o noso tradicional desfile vestidos Dcine!!!: Minions,Nemo, Dory,Frozen,Merlín,Trolls,Grease,Charlot e piratas da illa do tesouro foron os personaxes escollidos para o Entroido.






 Ao rematar , no salon de actos cantamos as coplas para as familias e o alumnadocon música DCine!!  
 TODO UN ÉXITO!!!

22 feb. 2017

PACO NOGUEIRAS!!!


Hoxe na biblioteca tivemos unha visita que nos encanta: Paco Nogueiras!!!
Nesta ocasión veu a contar e cantar uns contos,acompañado do seu ukelele e da súa acordeón,   aos nenas e nenas de 1º,2º e 3º de primaria.Os  contos escollidos foron :"A árbore da escola","Merliña","Unha última carta" e "Míster Magnolia"(todos eles da ED.Kalandraka).







 ENCANTOUNOS!!!! MOITAS GRACIAS!!!

17 feb. 2017

DÍA DE ROSALÍA!!

Celebramos o "Día de Rosalía" con diversas actividades ao longo deste mes de febreiro.
Comenzamos o mércores 8 cunha saída  por parte dos  VOLUNTARIOS LECTORES de 6º de primaria para ler versos da escritora a toda aquela xente que atopaban pola rúa.
 O xoves 16 os mesmos nenas e nenas sairon a colgar no centro da vila uns versos de Rosalía,escollidos por eles."Rosalía nas rúas"


Ppp

 Neste video podedes escoitar os versos escollidos polos nenos e neas para lerlle á xente na rúa:



Rematamos hoxe día 17 de febreiro homenaxeando a Rosalía cunha actividade conxunta,na entrada do colexio, recitando "Has de cantar"(Voluntarios lectores) e cantando todo o alumnado e profesorado poema.


 
TODAS E TODOS CON ROSALÍA!!!

14 feb. 2017

MÚSICA E CONTOS NA BIBLIOTECA!!!

Hoxe poidemos disfrutar da visita de Jaime e Paz, pais de Carmen, alumna de 5º de Infantil.
Ámbolos dous músicos, achegaronse ata a nosa biblioteca para contarnos o conto "Amelia quiere un perro".Ed.Kalandraka e porlle música  coa nyckelarpa (instrumento de corda fretada de orixe sueco) e as maracas.
Remataron a sesión cunha bonita peza instrumental con zanfonas e pandeireta acompañados pola súa filla.
 Descubrimos, tamén, que Jaime é LUTHIER,esto quere dicir que él mesmo  fabrica os instrumentos.Quedamos impresionados coa súa música..
                              Foi un verdadeiro pracer!!!



Así é como os viron os nenos e nenas de infantil!!



                 MOITÍSIMAS GRACIAS!!

10 feb. 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA!!

Hoxe estivo con nós Raquel Queizás (xentileza da editorial S.M). Contounos :"La jirafa Timotea" e "Ya soy mayor" para o alumnado de Infantil,1º e 2º de primaria, uns contos que tratan os celos e a soberbia, ambos da colección "Cuentos para sentir".
Aos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria sorprendeunos con lendas do mundo.Nesta ocasión contou cuns axudantes moi especiais!!
Todos e todas quedamos encantados  coas súas historias.Un verdadeiro pracer!!!





MOITÍSIMAS GRACIAS !!!






8 feb. 2017

VOLUNTARIADO LECTOR!!!

Neste "Mes de Rosalía"os Voluntarios lectores  de 6º de primaria sairon á rúa para compartir uns versos da escritora.



GÚSTANOS ROSALÍA!!!
 

EMOCIÓNS ,SENTIMENTOS,VALORES...

Neste mes de febreiro continuamos a traballar coas emocións,sentimentos,valores... polo que os corredores do centro énchense de bibliografía para alumnado e profesorado.
Ademáis contaremos con máis sesións de animación á lectura para traballar esta temática.



3 feb. 2017

VOLUNTARIADO LECTOR!!

Hoxe,na Hora de Ler, os nenos e nenas "Voluntarios lectores" de sexto de primaria quixeron agasallarnos coa dramatización, na biblioteca, dun conto sobre as emocións ás que lle puxeron música Dcine:
 "O monstro de cores".Ed.Flamboyant


 
ENCANTOUNOS.PARABÉNS!!!