31 ene. 2017

SER AMIGOS É...

Hoxe  na Hora de Ler , Eva, Uxía e Yanira quixeron agasallar ao alumnado de Infantil cunha sesión de contacontos na biblioteca.
As tres nenas contaron o fermoso conto "SER AMIGOS" da Ed.KALANDRAKA.
Un bonito remate a este mes de xaneiro no que estivemos a traballar o valor da AMIZADE!!


MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR,GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!!

30 ene. 2017

DÍA DA PAZ!!

Ao longo desta segunda quincena de xaneiro vimos desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa paz e non violencia.
Partindo da película Toy Story traballamos valores : A AMIZADE, O RESPETO, A CONVIVENCIA, A LEALDADE,A AUTOESTIMA...presentes no film.
Elaboramos un mural colaborativo para entrada do colexio baixo o título Que é a un amigo/a?.
Traballamos á poeta Gloria Fuertes´, pacifista a ultranza, con motivo do "Centenario do seu nacemento", e poemas como "Sólo tres letras", "Vendría la paz"...
Hoxe, como colofón, xuntámonos todos e todas no Salón de Actos para cantar a canción "Hay un amigo en mí" da banda sonora da película   e facer o  "Baile da Paz" do disco "A bruxa da discordia" de Mamá  Cabra.
Rematamos cun video-conto realizado polo alumnado de 5º de Ed.Infantil "A pomba Mari Paz" axudados por Diego e Lara de 4º curso de primaria que lle puxeron voz á narración.









24 ene. 2017

VOLUNTARIADO LECTOR!!

Hoxe comenzamos unha das actividades, que levaremos a cabo ao longo de todo o curso,dentro do VOLUNTARIADO LECTOR: "Martes de Conto".
 O lumnado de 6º curso "apadriñará" ao alumnado de 4º e 5º de Infantil tódolos martes, na Hora de Ler.

20 ene. 2017

ACCIÓN!!

Os nenos e nenas de 6º e 5º curso de primaria participan nun proxecto-EXPRESARTE- para a sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero a través da creación de materiais audiovisuais, no que colaboran a Deputación de Pontevedra, o Concello de Bueu e o CIM.

Este venres o colexio converteuse nun auténtico estudo de gravación ao longo de toda a xornada.
 Baixo a dirección de Ramón Torrente García, o alumnado de 5º e 6º de primaria  rodaron as dúas curtas, nas que levan a traballar todos estes meses, que se estrearan o día 8 de marzo"Día da Muller" no Centro Social de Bueu.
Unha experiencia inesquecible!!!


Parabéns polo traballo tan ben feito!!!
Agardamos con impaciencia a estrea!!