9 dic. 2016

GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL!

Como ven sendo costume por estas datas, en colaboración coa coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, publicamos as guías de lecturas para o Nadal. Este ano cunha  fermosísima ilustración de Leandro Lamas.
                                   Aquí vos deixamos as recomendacións :


E LEMBRADE, LENDO: CONTAS,CANTAS...VIVES!!!

2 dic. 2016

CULTURGAL!!

Culturgal, Feria das Industrias Culturais celébrase dos días 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra chegando a súa novena edición. Nesta nova cita do sector cultural galego e nas portas dos dez anos da feira, o  lema é:"Cultura, comunidade, futuro".Nesta Feira os nenos e nenas son grandes protagonistas.Música, teatro, danza, libros e ciencia ao longo destes tres días, onde haberá tamén un espazo permanente para xogos e xoguetes tradicionais e unha bebeteca. Animádevos!!!
 http://culturgal.com/wp-content/uploads/2016/11/PROGRAMACI%C3%93N-CULTURGAL-2016.pdf
preme na imaxe para ver o programa

UN CALENDARIO DCINE!!

A piques de sair o calendario que todos os anos  elaboramos no colexio, a partires do proxecto que se está a desenvolver, xa temos na entrada os fotogramas que o ilustrarán.
Un traballo colaborativo no que participa todo o alumnado  a iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua e o Equipo de Biblioteca.
Este ano o fío conductor é "Da literatura ao cine". De ahí que as ilustracións sexan  de películas realizadas a partir dunha obra literaria :"O principiño", "Mary Poppins","O bosque animado","O mago de Oz", "O libro da selva"," Cincenta", "O gato con botas","Carapuchiña vermella","A illa do tesouro", "O soldadiño de chumbo","A lingua das bolboretas" e "Charlie e a fábrica de chocolate" foron os escollidos.
Mirade que bonitos nos quedaron: