30 nov. 2016

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "Adiviña a película"

Rematamos o mes de novembro facendo entrega dun pequeno agasallo a todas e todos os gañadores do concurso "Adiviña a película".






MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR !!!
PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!

23 nov. 2016

25 N:Día da NON violencia contra as mulleres

O venres, 25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, este ano o noso colexio é o responsable de realizar os actos conmemorativos promovidos polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu.
Porque a violencia de xénero continúa a ser unha lacra na nosa sociedade, desde o colexio invitámosvos a participar xunto a nós.

VENRES 25 DE NOVEMBRO: O alumnado de 4º,5º e 6º de primaria foi o escollido para achegarse ata Bueu e representar ao colexio.
Os que nos quedamos  vimos os videos que se fixeron para conmemorar esta data na biblioteca.
Desde aquí queremos compartilos con todos e todas!!!
 
O TEMPO DAS BOLBORETAS

25 nov

19 nov. 2016

NOVEMBRO,MES DA CIENCIA!!








Neste mes o colexio e a biblioteca énchese de "ciencia".
Hoxe os nenos e nas de Infantil , 1º e 2º de primaria achegáronse á biblioteca para ver e escoitar un traballo colaborativo realizado polo alumnado de 6º de Infantil e 4º de primaria sobre Ángeles Alvariño baseado no libro que temos na biblioteca da Editorial Lela.


 

 O alumnado de 3º,4º ,5º e 6º de primaria poideron ver o traballo o luns, na Hora de Ler!


                    MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR!!!

16 nov. 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!!

Rematamos o concurso "Adiviña a película" con unha última fase para o alumnado de Educación Infantil. Terán que acertar a que película corresponden os tres fotogramas que están expostos na entrada do colexio. Hai de plazo ata o martes 22 de novembro.
 Ao finalizar todos os gañadores e gañadoras recibirán un pequeno agasallo .Con que nos sorprenderá Belusiña?

                               MOITA SORTE!!!

10 nov. 2016

MAGOSTO,MAGOSTO!!

En vísperas do San Martiño celebramos o Magosto no colexio!!
Saimos ao patio e comimos as castañas asadas que estaban riquísimasssss!!
Este ano contamos coa compañía de alumnos e alumnas da Asociación XOÁN XXIII de Cangas que viñeron cos seus xogos populares, feitos por eles no taller de carpintería, para xogar  con nós  despois da merenda.



MOITÍSIMAS GRACIAS, FOI UN PRACER COMPARTIR E XOGAR CON VÓS!!
AGARDAMOS A PRÓXIMA VISITA!!!






8 nov. 2016

A CIENCIA É UNHA ARTE

 Este mes de novembro a nosa biblioteca e os corredores vístense de "ciencia".
 "Creatividade e imaxinación son os ingredientes básicos para as científicas, como na Arte, porque a Ciencia é unha Arte" (Ángeles Alvariño).
Con motivo do Centenario do Nacemento de Ángeles Alvariño investigamos sobre a biografía desta destacada  científica galega.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmYcgqnCFH53MPDHalPzlNjkALoD1qjJescGPZoPI48sDfiw/viewform
PREME PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO SOBRE ESTA DESTACADA CIENTÍFICA


2 nov. 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!!!

Despois dunha breve pausa por mor do Samaín e das cabazas  Dcine que tan bonitas vos quedaron.Voltamos ca derradeira fase do concurso "Adiviña a película" .
Estarán expostos os oito fotogramas ata o día 15 deste mes,no vos despistedes e cubride a ficha para entregar nas titorías!!!






 
 ÁNIMO E MOITA SORTE!!!