28 oct. 2016

"UNHA BIBLIOTECA DE MEDO"

Nesta semana do Samaín organizamos diversas actividades.
Comezamos o luns con curtametraxes de medo,como xa vos contamos, para celebrar o Día das bibliotecas. Ademais todo o alumnado foi enchendo a entrada do colexio con cabazas "Dcine".
O xoves os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria percorreron todas as aulas para "asustarnos"a todos e todas facendo unha posta en escena da Santa Compaña.
Rematamos a semana de medo coa saída ao cine de Seixo (alumnado de 4º,5º e 6º e primaria) para ver "Maléfica , así como visitar a antiga sala de proxección que data do ano 1943!!!
 O resto do alumnado disfrutou de sesión de cine na biblioteca coa curtametraxe "Fiz o coleccionista de medos" , baseado no conto homónimo da editorial OQO.













 UNHA SEMANA TERRORÍFICA!!

24 oct. 2016

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe foi un gran día  na nosa BIBLIOTECA.
 En grupos, acercámonos á ela para ver unhas curtametraxes "terroríficas", pois estamos xa na semana do Samaín. Ao remate, Belusiña tiña para todos e todas unha sorpresa!!!
Moitas gracias á persoa que fixo posible este agasallo tan especial.

 

21 oct. 2016

Dcine



Aquí vos deixamos os fotogramas dos nenos e nenas  do cole!!
Un mural colaborativo onde participou todo o alumnado!!! Estamos  Dcine!!

13 oct. 2016

ADIVIÑA A PELÍCULA!!

Continuamos co concurso "Adiviña a película" . Xa estamos na 
 segunda fase onde teredes que acertar o título e o xénero de outros oito fotogramas que están expostos na entrada do colexio.
ANIMÁDEVOS, ESTARÁN EXPOSTOS ATA O DÍA 21 DE OUTUBRO!!!










7 oct. 2016

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!!

Hoxe a biblioteca abre as súas portas!!!
Para celebralo todo o alumnado e profesorado se achegou ata ela para ver unhas curtametraxes de animacion á lectura. Os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria poideron escoitar e ver como o alumnado de 6º de Infantil de maneira cantada e con instrumentos lle puña son ao conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Ao remate todos os cursos levaron as Mochilas Viaxeiras.





                     LER É UN BO PLAN!!!