22 jun. 2016

CHEGOU O VERÁN!!!

Chegou o verán e con él as ansiadas vacacións!!!
Despedimos este curso coa graduación dos nenos e nenas de 6º curso  e xogos no patio para todos!!!








 Desde aquí desexámosvos unhas FELICES VACACIÓNS !!!

16 jun. 2016

LECTURAS PARA O VERÁN!!

Aquí vos deixamos  as recomendacións que  "Belusiña" nos propón para este verán:






  LER É UN BO PLAN!

8 jun. 2016

EXPOSICIÓN ORAL "AS FORMIGAS"

Chegando xa á recta final de curso e os nenos e nenas de 2º de primaria non quixeron irse sen mostrarnos todo o que aprenderon sobre eses bichiños tan coñecidos para nós como son as formigas.


Moitísimas gracias por compartir!!!

7 jun. 2016

VOLUNTARIADO LECTOR!!!

Hoxe, como remate ás actividades dentro do "VOLUNTARIADO LECTOR", achegámonos ata a Casa do Pobo de Beluso para expoñerlle ao grupo do Taller de Memoria un traballo de investigación sobre "OS LAVADOIROS DE BELUSO".
Un traballo que lles gustou moito aos maiores e que lle fixo lembrar tempos pasados : cando ían coa tina na cabeza a lavar, puñan a roupa ao clareo,cantaban, falaban entre elas (pois era una traballo de mulleres)...



Despois da exposición estivemos charlando, os maiores contaron moitas anécdotas daqueles tempos non tan lonxanos, e ainda que a nós nos parece mentira, non hai tanto tempo que a lavadora chegou ás nosas casas!
UN TRABALLO MOI INTERESANTE, GRACIAS POR COMPARTIR!!!

6 jun. 2016

AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe rematamos a actividade de contacontos na biblioteca coa mamá de Lolo (4º de infantil) que nos contou "O EMOCIONANTE DÍA DE PITI,O CARACOL" de Baía edicións.

                      GRACIAS POR COMPARTIR!!

3 jun. 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES!

Hoxe,na Hora de Ler, fixemos APADRIÑAMENTOS LECTORES entre todo o alumnado do colexio. Con esta actividade poñemos fin ao servicio de préstamo. Ao longo da semana seguinte só estará aberta para devolucións durante o recreo.O préstamo de verán realizarase a última semana na hora asiganada de biblioteca para cada titoría.
As aulas, os corredores, a bibloteca, o patio foron espazos de lectura!!!



 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA!

Onte achegóuse ata onda nós, un ano máis, Iago , un contador de historias  que nos gusta moito!!!
Nesta ocasión contounos " FELIZ FEROZ" (ED.ANAYA).
 
PASÁMOLO DE MEDO!!MOITAS GRACIAS!!!