26 may. 2016

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS:teatro!!

Os nenos e nenas de 6º de primaria representaron a obra de teatro "AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA" de Manuel María.




Uns verdadeiros artistas!
PARABÉNS!!!

25 may. 2016

SEMANA CULTURAL: LOLI BELOSO

Hoxe,no salón de actos, o alumnado de primaria  do colexio xunto cos de 1º da ESO do Johan Carvalleira asistiron a unha charla de Loli Beloso sobre Isaac Díaz Pardo.

                              MOITÍSIMAS GRACIAS !!!

24 may. 2016

SEMANA CULTURAL!

 Continuamos con máis atividades !
Pola mañán Charla de Suso Portela sobre a Fundación que él preside: "FUNDACIÓN NOVAS" para o alumnado de 4º,5º e 6º cursos.



Pola tarde, para as familias, "Encontro coa poeta Miriam Ferradáns"gañadora de varios premios de poesía, o último, e recén acadado, XX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA polo seu traballo "Deshabitar unha casa".
 Miriam ex-alumna do colexio, ademais de falar da súa obra e recitar algún dos seus poemas, lembrou  anécdotas como estudante e destacou a importancia do profesorado á hora de animar ao alumnado a creación escrita.


          GRACIAS POR COMPARTIR!!!

23 may. 2016

RECITAL POÉTICO : MANUEL MARÍA

Seguimos coas actividades en torno á Semana Cultural e das Letras Galegas. 
Hoxe adicámoslle o Recital Poético a Manuel María, todos os nenos e nenas do colexio subiron ao escenario a recitar e cantar os poemas do escritor homenaxeado este ano.
"Carné de identidade","O carro", "Arco da vella","Caracol","Meu barco","Galicia" foron algúns dos poemas escollidos .



FERMOSO!!

20 may. 2016

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS!

Comezamos a semana con moita actividad, o MÉRCORES os nenos e nenas voluntarios de 6º curso sairon ao centro vila para colgar poemas de Manuel María.



Ese mesmo día, despois do recreo, todo o colexio poido ver(e incluso tocar) unha demostración de aves rapaces no patio.


 O XOVES ,no salón de actos ,uns alumnos do IES Johan Carvalleira achegáronse onda nós para representar un pasaxe da obra "Don Quijote"(Cap.XXIII, Estancia de do Quixote en Serra Morena).


Contamos tamén coa presencia do coro do "Obradoiro de memoria" que despois de asistir á representación teatral, nos deleitaron con cancións tan fermosas como "Catro vellos mariñeiros" .


Pecharon o acto o grupo de cantareiras do colexio!!



                                      




  Gañadores CEIP "A Pedra"!!!Parabéns!!!


18 may. 2016

XXIX SEMANA CULTURAL E LETRAS GALEGAS!!

Unha semana moi intensa!!


                       

 





 DISFRUTADE MOITO!!!

13 may. 2016

TARANDEIRA DE POESÍA

A poesía de Manuel María inunda a entrada do noso colexio.
 Achégate e le!!!


 

12 may. 2016

MAIO "MES DAS LETRAS"·

 O mes das LETRAS  chega cheo de sorpresas que vos iremos contando.
Damos comezo coas actividades arredor da festa da nosa lingua, A commemoración do DIA DAS LETRAS GALEGAS non é maís que o inicio... ESTADE MOI ATENTOS!!!

6 may. 2016

VOLUNTARIADO LECTOR : EU NON FUN!

Hoxe, na Hora de Ler, os "Voluntarios lectores " sorprendéronnos coa representación
 do conto "Eu non fun"da editorial Kalandraka. Conto co que participaron no salón do libro en Pontevedra e que ainda non tiveramos ocasión de velo no colexio.


                                        GRACIAS POR COMPARTIR!!!

4 may. 2016

AS FAMILIAS CONTAN!!

Ao longo desta primeira semana de maio contamos coas achegas de varias familias .
O luns foron os papás de Roi, 5º de infantil, que nos falaron da casa de Miguel de Cervantes.


O martes a mamá de Unai acercouse para contarnos un fermoso conto"Muévete rinoceronte"

 E hoxe mércores, Noelia e a súa filla Elena de tres anos sorprendéronnos con "Osiña atrapabolboreetas";unha preciosa adaptación do conto "Oso atrapabolboretas" de OQO editora. 


 









  MOITÍSIMAS      GRACIAS!!

3 may. 2016

CARTA DO ALCALDE!

Onte chegou ao noso colexio unha carta do Alcalde, Félix Juncal, agradecéndonos a invitación á nosa biblioteca para compartir lecturas de Don Quixote, con motivo do IV Centenario da morte de Cervantes.
Desde aquí reiteramos as gracias por colaborar con nós e a súa dispoñibilidade para sucesivas actividades.

GRACIAS POR COMPARTIR!!

GONZALO MOURE!!!

Onte os nenos e nenas de sexto de primaria tiveron  o privilexio de poder charlar con Gonzalo Moure na biblioteca. Era unha visita que agardabamos con impaciencia. Gústannos as súas palabras e as súas historias cargadas de sentimentos, emocións e vida!
 Falamos de   "Palabras de Caramelo", lectura que escollemos para o Club de Lectura este trimestre. Un libro que fala da vida no Sáhara, un lugar que cambiou a vida de Gonzalo e que visita con frecuencia. De aí, das súas vivencias no Sáhara e do seu namoramento polo pobo saharahuí, nace este libro. Porque, en palabras do escritor, "unha realidade provoca a creación dun personaxe". "As ideas para un libro saen da vida". É o que chama "ESCRIVIVIR".


GRACIAS GONZALO POR AGASALLARNOS COAS TÚAS PALABRAS!! 
UN VERDADEIRO PRACER!! ATA PRONTO!!

1 may. 2016

TALLER DE ALFOMBRAS:CASTELAO!

 Este ano 2016 foi declarado Ano Castelao  polo que a figura de Castelao, escritor e político galego, terá unha importante presencia  no Corpus de Bueu.

O venres, no colexio, a Asociación de alfombras de Bueu impartiu un taller para explicar as técnicas desta arte floral ó alumnado de 3º, 4º, e 5º de primaria. Os nenos e nenas disfrutaron moito elaborando as alfombras.






MOITAS GRACIAS A ASOCIACIÓN POLA COLABORACIÓN!