29 de feb. de 2016

VISITA DE OLI!!

Hoxe recibimos a visita dun autor moi cercano a nós, Oli!
Falounos do oficio de escritor, da importancia das palabras, e como non... dos seus libros sobre ratos: "Os ratos da casa" e "O RATO AVÓ E O MURAÑO". 
Despois contounos "Once damas atrevidas","O pirata pata de lata"... e firmóunos os nosos exemplares.

MOITÍSIMAS GRACIAS OLI, FOI TODO UN PLACER !!

26 de feb. de 2016

Visita á casa Museo de Rosalía e Fundación Camilo José Cela!!

Como colofón á "Semana de Rosalía" todo o alumnado e profesorado do colexio nos acercamos ata Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía, casa na que pasou os derradeiros anos da súa curta vida.

Os nenos e nenas de primaria visitaron tamén, en Iria Flavia, a Fundación Camilo José Cela. Este ano celébrase o Centenario do Nacemento do Premio Nobel (11 de maio de 1916).





Unha saída moi enriquecedora!!!

24 de feb. de 2016

"DÍA DE ROSALÍA"

Ao longo de toda a semana estamos a realizar actividades adicadas á nosa benquerida escritora.
Audicións de poemas cantados, lecturas e recitados nas aulas, murais, postais, dípticos...e como remate o venres 26 todo o alumnado visitará a Casa Museo de Padrón onde Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida.
Unha semana chea de poesía!!!

 Os nenos e nenas  de infantil elaboraron unhas postais que enviaron por correo electrónico ás familias cuns versos da"ALBORADA". Podedes ver o video no blog de infantil.

                       GÚSTANOS ROSALIA!!!!!

11 de feb. de 2016

VISITA EXTRAORDINARIA

Hoxe visitáronnos un grupo de alumnos e alumnas do club de lectura do centro Xoán XXIII. Como lles gustan moito as aventuras, a historia, a xeografía... , prestámoslles un lote de libros.
 Os voluntarios lectores agasalláronos coa representación  "A VIAXE DAS BOLBORETAS".

 MOITAS GRAZAS POR VISITAR A NOSA BIBLIOTECA!!!
                                               


VOLVEDE PRONTO!!!

5 de feb. de 2016

O GRAN DESFILE

5 DE FEBREIRO UN PRECIOSO DÍA PARA LUCIR POLAS RÚAS DE BELUSO OS NOSOS DISFRACES. GRACIAS  A  TODO O PÚBLICO QUE NOS ACOMPAÑOU.

4 de feb. de 2016

CHEGOU O ENTROIDO!!!

Un ano mais está aquí o ENTROIDO. Nenos e nenas de 6º fixeron estes estupendos carteis que queremos compartir con todos.

2 de feb. de 2016

UN AGASALLO MOI ESPECIAL!!!

Hoxe Iván fíxonos entrega  dun conto"Olegario" onde o protagonista é un vagalume.
Un conto que a Iván lle gusta moito e, que a súa tía  enviou desde o Uruguai para a nosa biblioteca, para que todos e todas o poidamos disfrutar,sobre todo neste ano adicado aos "BICHIÑOS".
Desde aquí queremos agradecer este presente e mandarlle moitos saúdos .



    GRACIAS!!!!!