29 ene. 2016

DIA DA PAZ


Este ano para celebrar o "Día da Paz" cantamos a "Cantarola dos nenos" unha versión musicada do poema de Neira  Vilas como homenaxe ao escritor tan querido por nós. Asimesmo, nenos e nenas VOLUNTARIOS LECTORES de sexto curso de primaria agasalláronnos cun fermoso conto  onde a solidaridade, xenerosidade e a amizade son valores fundamentáis.
                                                   "A VIAXE DAS BOLBORETAS" 



                                                                                     


Como remate, poidemos ver un video colaborativo realizado polo alumnado de 5º de Ed.Infantil e 1º curso de primaria que se pode ver no blog de Infantil.
                    MOITISIMAS GRACIAS POR ESTE AGASALLO TAN FERMOSO!!!

                  CANTARELA DOS NENOS

18 ene. 2016

VISITA DE PACO NOGUEIRAS!!

Hoxe, na Hora de Ler,os nenos e nenas de 1º,2º e 3º de primaria  poideron disfrutar dunha actividade de animación á lectura con Paco Nogueiras.
Cómo nos gusta escoitalo! Nesta ocasión ademais de contarnos, acompañados de música, contos da Editorial kalandraka :"Despois da chuvia","Imos cazar un oso"e "O pito cairo" tivemos o pracer  de escoitalo recitar e cantar uns fermosísimos poemas de Xosé Neira Vilas do seu libro "Cantarolas":
"O paspallás","Chove" e "Soñei cun tuturutú".


MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

15 ene. 2016

VENRES DE CONTO!!

Hoxe, na Hora de Ler, comezamos cos "VENRES DE CONTO".
 Unha actividade que levamos a cabo dentro do programa do VOLUNTARIADO LECTOR que realizan os nenos e nenas de 6º de primaria e é sempre moi ben recibida polos máis pequenos do cole.

 Deixámosvos unha mostra !!!!





QUE BONITO É COMPARTIR A LECTURA!!!