27 nov. 2015

DÍA TRISTE PARA AS LETRAS GALEGAS.

Hoxe a última hora da  mañán recibiamos a triste noticia do falecemento do escritor pontevedrés Xosé Neira Vilas. 
Un dos máximos representantes da nosa cultura e das nosas letras. Xosé Neira Vilas foi quén de escribir o libro ata agora máis leído da nosa literatura "Memorias dun neno labrego", unha novela social de denuncia do caciquismo da época, unha testemuña da vida rural en Galicia nun tempo padado .Sempre recordaremos as verbas de Balbino"un neno da aldea,como quen di, un ninguén.E,ademáis, pobre".
Doctor Honoris causa pola Universidade de A Coruña, membro numerario da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas...son algúns dos recoñecementos que obtivo ao longo da súa traxectoria.
Desde aquí queremos expresar o noso pesar e rendirlle a nosa pequena homenaxe.


ATA SEMPRE!

25 nov. 2015

25 N "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"


Con lecturas, música e carteis celebramos no noso cole o "DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO".
Desde o colexio e  a biblioteca escolar queremos apoiar a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.







22 nov. 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Este fin de semana tiveron lugar en Santiago de Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Nesta ocasión, o noso centro foi convidado a participar polo traballo desenvolto  no Proxecto Documental Integrado sobre a ciencia.
Baixo o título "Un achegamento á ciencia" Vanessa, directora do colexio, compartiu con casi un milleiro de asistentes  as experiencias realizadas ao longo de todo o curso.
Desde aquí queremos dar as gracias, en primeiro lugar, á Asesoría de Bibliotecas Escolares por valorar o noso traballo e darnos a oportunidade de mostralo nestas Xornadas e por outro lado, agradecer a toda a comunidade educativa a participación no proxecto "conCiencia". Sen a colaboración de todos nada sería posible.
Finalmente, felicitar a Vanessa pola fantástica intervención. Parabéns!!!

20 nov. 2015

20 de novembro "DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA"

Hoxe na biblioteca, na Hora de Ler, nenos e nenas voluntarios de sexto curso, contáronnos un fermoso conto do escritor Agustín Fernández Paz "O voo das bolboretas"  un relato que fai referencia ao Principio 7: "Todos os nenos teñen dereito a unha educación gratuíta, a divertirse e a xogar".
O conto atópase no libro "OS DEREITOS DA INFANCIA"(Ed.Xerais) onde dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil nos ofrecen dez contos que recrean os principios recollidos na Declaración Universal dos Dereitos dos Neno.
Ao remate visioamos un video colaborativo  realizado polos menos e nenas de 5 de Infantil e 1 de Primaria sobre os Dereitos da Infancia.








               MOITAS GRACIAS A TODOS E TODAS !!!

18 nov. 2015

PREMIO LAZARILLO 2015!

A escritora viguesa Ledicia Costas, que ven de recibir hai un mes o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, gaña  o Premio Lazarillo, na modalidade de creación literaria coa obra "Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante".A obra, ambientada no Vigo do século XIX  , recrea unha das visitas de Jules Verne á cidade cuxa ría o inspirou para escribir un dos episodios de "20.000 leguas de viaxe submarino".




ALEGRÁMONOS MOITO ,OS NOSOS PARABENS!!!

13 nov. 2015

O MAGOSTO!

"Non chas quero, non chas quero..." cantaban os nenos e nenas mentres saían ao patio para comer as castañas asadas e disfrutar do MAGOSTO.
Un día de verán de San Martiño no que nos divertimos  cos distintos xogos tradicionais cedidos pola ASOCIACIÓN CORREDOIRAS: a rá, os zancos, a chave, os trompos...




                                             Por certo, riquísimas as castañas!!!
               

12 nov. 2015

PREMIO CERVANTES !


O escritor mexicano Fernando del Paso gaña o Premio Cervantes.

Fernando del Paso  convertiuse onte no XXX gañador do Premio Miguel de Cervantes “pola aportación ao desenvolvemento da novela aunando tradición e modernidade, como fixo Cervantes no seu momento. As suas novelas cheas de riscos recrean episodios fundamentais dla historia de México, facéndoos fundamentais”, segundo  acta do xurado. O premio, dotado con 125.000 euros,  entregarase nun acto especial o 23 de abril de 2016 ,na Universidade de Alcalá de Henares.



10 nov. 2015

EXPOSICIÓN "BICHIÑOS"

Na entrada do cole, está a disposición de toda a comunidade educativa a exposición de "Bichiños" na que todos e todas colaboramos. Uns bichiños que ilustrarán o calendario que todos os anos elaboramos e que está próximo a sair.
Animádevos e acercádevos a botarlle unha ollada, merece a pena!
Aquí tendes unha pequena mostra:






                             E MOITOS MÁIS....

6 nov. 2015

COUSAS DE BICHIÑOS!!!

Os nenos e nenas de 5º de Infantil expuxeron o seu traballo de investigación sobre os "bichiños"  aos papás e mamás que se acercaron ata a biblioteca para escoitalos.
Que ben o fixeron!!

   PARABÉNS POLO TRABALLO E MOITAS GRACIAS POR COMPARTILO !!



4 nov. 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO!!!

Hoxe celebramos o "Día da ciencia " con unha fermosísima  exposición  oral dos nenos e nenas de 5º de INFANTIL sobre "Os bichiños".
Remataron a súa exposición con un rap moi divertido ao que todos e todas nos unimos cantando e bailando.
Ademais teremos ao longo de todo novembro, "Mes da ciencia", unha exposición de bichiños para que toda a comunidade educativa poida disfrutar dela e aprender moito .





Se queredes escoitar  e ver o traballo podedes entrar no blog de infantil http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com.es/