29 may. 2015

A RATIÑA PRESUMIDA!

Como remate da temporada de préstamos da biblioteca ( a última semana abriremos só para o préstamo de vacacións) os nenos e nenas de 6º de Ed.Infantil quixeron agasallarnos coa representación do conto:
 "A RATIÑA PRESUMIDA" ao que lle puxeron tamén efectos sonoros.



UNS VERDADEIROS ARTISTAS!!!

INMERSIÓN LINGUÍSTICA!

Hoxe tivemos unha visita excepcional, Ana, unha rapaza londinense que está de vacacións por Galicia, acercóuse ata o noso colexio para contar contos aos máis pequenos e falar cos maiores sobre Londres, os seus gustos, a súa vida...foi unha xornada de intercambio cultural moi interesante!





Moitas gracias Ana por adicarnos o teu pempo!

27 may. 2015

FESTA NO CLUB DE LECTURA

Hoxe, mércores, foi día de festa no club de lectura. Disfrutamos dos postres elaborados a partir das receitas do libro: "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA". Pasámolo de medo....




Aquí tendes unha mostra de fotos dun grupo de nenas do club elaborando un riquísimo flan de chocolate!!

MOITAS GRACIAS POLA VOSA ENTREGA E PARTICIPACIÓN!

26 may. 2015

SEMANA CULTURAL!

Onte,os nenos e nenas de Primaria asistiron a unha charla de reciclaxe a cargo de persoal de SOGAMA.










Hoxe, e xa como remate da  XXVIII Semana Cultural, ao longo da mañá o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º curso tiveron un encontro co escritor Miguel Ángel Alonso Diz.


MOITAS GRACIAS!!!!

21 may. 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe o grupo de teatro da Asociación Xoán XXIII de Cangas representou a obra "Bela e Besta".Unha posta en escena realmente fantástica!




A BELEZA ESTÁ NO INTERIOR!!


20 may. 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe "OBRADOIRO DE ROBÓTICA"para todo o alumnado do colexio a cargo dun enxeñeiro da Universidade de Vigo.















Jano Malvar Álvarez exalumno do colexio e fillo dunha compañeira amosounos o funcionamento dun robot, un androide e un dron. INCREÍBLE!!!

GRACIAS JANO!!!

19 may. 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe tivemos dous actos realmente enriquecedores, pola mañán no Salón de actos, o grupo de maiores da Casa do Pobo do "OBRADOIRO DE MEMORIA" viñeron cantarnos unhas cancións populares. Nós tamén lle quixemos agasallar con "A rianxeira" á que eles  se sumaron.


Pola tarde,PEDRO FEIJOO falounos da súa novela "Os fillos do mar" .Todo un luxo poder contar con un escritor da súa talla na nosa biblioteca.

Unha xornada entrañable!

18 may. 2015

SEMANA CULTURAL!

Contacontos "científicos": ASQUEROSOLOXÍA!








                           
                             Dúas científicas moi divertidas!

15 may. 2015

PEDRO FEIJOO

O MARTES 19 DE MAIO ás 16:30 H, NA BIBLIOTECA, CONTAREMOS COA VISITA DO ESCRITOR PEDRO FEIJOO PARA FALARNOS DO SEU LIBRO
"Os fillos do mar".



(Preme na foto para acceder a información)


  • Finalista do Premio Xerais no 2011.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2013.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014.

ESTADES TODOS INVITADOS!!!
                                                                                                        ESPERÁMOSVOS!!!

13 may. 2015

VISITA DE LEDICIA COSTAS!

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tivemos o pracer de estar  coa escritora Ledicia Costas!


Con ela escoitamos historias do seu avó ("un tipo moi especial"), das súas personaxes favoritas,as súas lecturas cando era nena...e ,como non,do seu libro "Escarlatina,a cociñeira defunta" unha lectura coa que todos e todas desfrutamos moito.
Dámoslle as gracias e esperamos volver a vela pronto pola nosa biblioteca.GRACIAS!!!

8 may. 2015

6 may. 2015

MIRA QUE CONTO!!!!

O 23 de Abril,  DIA  DO LIBRO  os voluntarios e voluntarias lectores sorprendéronnos coa representación dun conto que nos encanta: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
VEREDES QUE BEN O FIXERON!!!.

AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe acercouse ata a biblioteca a mamá de Paulo,Pepi, a contarnos unha historia de superheroes que acontece en Beluso.

UNHA HISTORIA FANTÁSTICA!  GRACIAS POR COMPARTILA CON NÓS.