30 abr. 2015

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe ,xoves 30 de abril, rematamos as actividades programadas no  "MES DOS LIBROS".
A mamá de Cristina ( 4º de infantil) contou dous clásicos para os máis pequenos : "La lechera" e "La ratita presumida".


 UN MES CARGADO DE LECTURAS!!

 MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR CON NÓS UN ANAQUIÑO DO VOSO TEMPO!!!

28 abr. 2015

AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe acercouse ata o colexio Palmira, a mamá de Roi, a contarnos tres historias: "Los tres cerditos", "Ricitos de oro" e un conto de monstruos ao que lle puxeron son os nenos.



 UN VERDADEIRO PRACER!

27 abr. 2015

AS FAMILIAS CONTAN!!

Continuamos con actividades de animación á lectura na nosa biblioteca por parte das familias.
 Hoxe contamos con dúas mamás.  Para o público de Infantil , 1º e 2º cursos, Esther- mamá de Oliver- agasallounos con dous maravillosos contos: "El oso fabuloso"e "Concierto para animales".  Os de  5º de primaria poideron desfrutar da lectura dun apaixoante capítulo de "Escarlatina, a cociñeira defunta"a cargo de Belén, a mamá de Pablo Fernández. MOITAS GRACIAS ÁS DÚAS!!





24 abr. 2015

"CUENTOS DE DOS EN DOS"

Na Hora de Ler, os nenos e nenas de 5º de primaria foron polas aulas do colexio para ler uns contos que eles inventaron por parellas, de ahí o seu título "Cuentos de dos en dos". Un traballo moi orixinal co que todos e todas desfrutamos .



      
    GÚSTANOS COMPARTIR!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe disfrutamos escoitando a Mónica en compañía da súa filla Mara (4º de Infantil).
Entre as dúas nos contaron dous divertídísimos contos:  "Imos cazar un oso"  e                                      "A casa da mosca chosca".

 

Por outra banda, os nenos e nenas de 6º curso poideron escoitar un poema en italiano que recitou Anna, mamá de Manuel.


                                           UN MILLÓN DE GRACIAS!

23 abr. 2015

"DÍA DO LIBRO"

Hoxe celebramos por todo o alto o "DÍA DO LIBRO".
A primeira hora ,no salón de actos,un grupo de pais e nais dramatizaron  o conto
  "LOS TRES CERDITOS".
 Na Hora de Ler, na biblioteca, un grupo de nenos e nenas voluntarios de 6º curso representaron o conto "A toupiña que que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

E para rematar, os nenos e nenas de 4º de Infantil recitaron o poema de Gloria Fuertes"Don libro está helado" .
Aquí tendes unha mostra destas fantásticas actuacións:












UN PRACER ESCOITARVOS A TODOS E COMPARTIR ESTE FERMOSO DÍA!!

22 abr. 2015

AS FAMILIAS CONTAN !!

Como xa ben sendo habitual neste mes dos libros,contamos coa colaboración das familias para contarnos contos dentro da actividade: AS FAMILIAS CONTAN!

Hoxe comenzou Amparo en compañía do seu fillo Hugo (6º de Infantil) que con apoio audiovisual nos narraron o libro que tanto nos gusta "El grúfalo".

MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!

21 abr. 2015

O PLACER DA LECTURA!!

Hoxe todo o colexio se convertiu nun espazo para a lectura. Aulas, corredores, biblioteca, patio...foron escollidos polas nenas e nenos para desfrutar cos libros.







SOBRAN AS PALABRAS!!

20 abr. 2015

ABRIL "MES DOS LIBROS"

Ao longo de toda esta semana e a que ven "os libros" serán os protagonistas.
 Deixámosvos todas as actividades programadas:

  NA HORA DE LER:
 -Martes 21 e mércores 22 de abril “APADRIÑAMENTOS LECTORES”: nenos de 4º,5º e 6º de primaria lerán aos demais cursos.
 -Xoves 23 de abril CONTACONTOS na biblioteca para todo o alumnado a cargo dos nenos e nenas de 6º curso.
 -Venres 24 de abril “CUENTOS DE DOS EN DOS”, os nenos e nenas de 5º curso irán ás aulas a lernos un conto inventado por eles en parella.
-Xoves 30 de abril "Voluntarios lectores"lerán aos seus "afillados".

 AS FAMILIAS CONTAN:

- Mércores 22 de abril CONTACONTOS  unha mamá  cóntanos un conto na  Biblioteca ás 9:05 para infantil
 -Xoves 23 de abril CONTACONTOS a cargo dun grupo de nais e pais.Para os nenos de Infantil e 1º de Primaria,na biblioteca ás 9:05H.
 -Venres 24 de abril CONTACONTOS dunha mamá,para Infantil ás 9:05H,na biblioteca.Recitado dun poema en italiano da man de Anna, nai de Manuel de 6º de primaria.
 -Luns 27 de abril CONTACONTOS dunha mamá, na biblioteca. En dúas sesións: ás 9:05 para 1º e 2º curso e a continuación para Infantil.Lectura de "Escarlatina ,a cociñeira defunta"na Hora de Ler , para 5º de primaria cargo de Belén ,nai de pablo Fernández.
-Martes 28 de abril CONTACONTOS duna mamá para infantilás 9:10H,na biblioteca.
-Xoves 30 de abril CONTACONTOS dunha mamá na biblioteca ás 9:10H para infantil.


 MURAL COLECTIVO :
Coa colaboración de toda a comunidade educativa, na entrada do colexio, montaremos un mural colectivo con fotos dos  nenos e nenas lendo.
 Agradecemos de antemán a fantástica colaboración e participación por parte de todos e todas.

                        MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

15 abr. 2015

RECITAL POÉTICO

Hoxe,no salón de actos,celebramos o noso recital poético anual.
Todos os alumnos e alumnas do colexio subiron ao escenario para agasallarnos con fermosos poemas.



14 abr. 2015

A LITERATURA PERDE DOUS GRANDES...

EDUARDO GALEANO , periodista e escritor uruguayo, voz dos marxinados de Lationamérica, faleceu aos 74 anos en Montevideo.



" Los científicos dicen que estamos hechos de átomos, pero a mi un pajarito me contó que estamos hechos de historias"
                                                                        Eduardo Galeano.



GÜNTER GRASS escritor alemán, premio Nobel de Literatura e Príncipe de Asturias das Letras no ano 1999, faleceu na cidade de Lubeck, aos 87 anos.




“Europa no conseguirá sobrevivir sin inmigración. No debería tenerse tanto miedo de eso: todas las grandes culturas surgieron a partir de formas de mestizaje”