27 feb. 2015

RECITANDO A ROSALÍA


Como remate á "SEMANA DE ROSALÍA" os nenos e nenas de 6º curso recitaron  na biblioteca, para o alumnado de primaria, poemas de "Cantares gallegos".GRACIAS!!!



26 feb. 2015

VOLUNTARIADO LECTOR NA SEMANA DE ROSALÍA

Continuando coas actividades dentro da "SEMANA DE ROSALÍA" e o"VOLUNTARIADO LECTOR" os nenos e nenas voluntarios, de sexto curso de primaria ,sairon á Casa do Pobo de Beluso a recitarlle ao grupo do taller de memoria uns poemas de Rosalía e cantarlle a "Alborada".Eles tamén nos corresponderon cantando "Negra sombra" e recitando "Adiós ríos ,adiós fontes".
Tanto nenos como maiores quedamos encantados, foi un encontro realmente enriquecedor!!!

                               MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS!!!

24 feb. 2015

EU SON ROSALÍA

Entre todos os nenos e nenas do colexio fixemos un video de homenaxe a ROSALIA DE CASTRO.
A proposta desta actividade parteu da  ASOCIACION DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA.



24 DE FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA"

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o 178 aniversario do nacemento de Rosalía!!!

Para homenaxear á nosa escritora ,contamos coa presenza dunha familia de músicos (ex-alumnos do colexio) que se prestaron a porlle voz e tocar poemas de Rosalía.
Foi todo un pracer escoitar o son das gaitas e da pandeireta!




MOITAS GRACIAS POR ACOMPAÑARNOS NESTE DÍA TAN ESPECIAL E DELEITARNOS COA VOSA MÚSICA!!!



23 feb. 2015

SEMANA DE ROSALÍA

Hoxe luns comenzamos coas actividades adicadas a Rosalía de Castro.
Os nenos e nenas de 6º curso agasalláronnos cun breve recital poético na biblioteca.GRACIAS!!!!

13 feb. 2015

UN ENTROIDO "CIENTÍFICO"

Hoxe,a pesar do mal tempo ,celebramos un entroido con moita "CIENCIA":
placas solares,bombillas,cohetes,números,consolas,e como non, moitos científicos que non quixeron perder a nosa festa!






Pasámolo xenial!!!!

10 feb. 2015

OS NOSOS MÚSICOS!

Hoxe, na aula de música, os nenos e nenas de Educación infantil asistiron a un pequeno concerto a cargo de alumnos de 5º de primaria: Iago co teclado e Alex coa súa guitarrra interpretaron temas que nos gustaron moito.
Moitas gracias,esperamos que pronto se repita o seguinte concerto!