30 oct. 2014

UN CONTO PARA O SAMAÍN

Celebramos un SAMAÍN cheo de actividades; exposición de cabazas, desfile da Santa Compaña, baile do Samaín, narracións na BIBLIOTECA...
Aquí vos deixamos o conto de "TÍO LOBO" narrado polos nenos de 6ª de INFANTIL.

TIO LOBO from colecabalo on Vimeo.

24 oct. 2014

24 DE OUTUBRO

Hoxe foi un día especial no colexio.
 Celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS!!
Compartimos con todos algunhas das actividades deste día
PRESENTACIÓN DO LIBRO "MIGRAR" PARA OS ALUMNOS MAIORES




Contacontos : as profes da BIBLIO contan "RANILDA" para os máis pequenos

E para rematar un traballo feito entre todos. 
A canción que remata esta montaxe pertence ao álbum Tic Tac de Pablo Díaz, que nos pareceu ben axeitada para este día. Por un erro non aparece nos créditos polo que pedimos desculpas.

19 oct. 2014

O INCRÍBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS.

Moitas grazas aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria pola colaboración prestada para que esta actividade saíra tan ben. PARABÉNS !!!

10 oct. 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ

Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, Premios Nobel da PAZ 2014



                                      Malala Yousafzai            Kailash Satyarthi

 De Kailash Satyarthi, o Comité destacou a súa "gran valentía persoal" que lle levou a liderar protestas e manifestacións pacíficas, para denunciar a explotación infantil. "Contribuíu ademais ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais dos dereitos dos nenos".

No caso de Malala Yousafzai,  recalcouse que "a pesar da súa xuventude, xa loitou durante varios anos polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que nenos e mozos tamén poden contribuír a mellorar a súa propia situación". 
Ao premiar un hindú e unha musulmá, a un indio e a unha paquistaní, quixeron tamén apostar por "unha loita conxunta en favor da educación e en contra dos extremismos".

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe "AS MOCHILAS VIAXEIRAS" comezan a súa andaina !

Os nenos e nenas de tódolos cursos reciben con moita alegría e ilusión a posta en marcha desta actividade coa que comparten a maxia da lectura en familia.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2014

   O poeta Antonio Hernández foi galardonado co Premio Nacional de Poesía 2014 pola obra «Nueva York después de muerto».

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2014

O escritor  francés Patrick Modiano gaña o Premio Nobel de Literatura .

A academia sueca destacou a súa forma de evocar" os máis incomprensibles destinos humanos" e "o seu descubrimento do mundo da ocupación"


6 oct. 2014

Ciencia: PREMIO NOBEL DE MEDICINA

Nobel de Medicina ao "GPS cerebral"

John O'Keefe e o matrimonio formado por May-Britt e Edvard Moser obteñen o galardón polo descubrimento das neuronas que nos permiten orientarnos

John O'Keefe, Mary-Britt Moser y Edvard Moser

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe abrimos a BIBLIOTECA.

Vémonos na hora de ler... con sorpresa!!! 


CONTAMOS CON VÓS PARA TER UN ESTUPENDO CURSO!!!