28 may. 2014

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Desde a nosa biblioteca, viaxamos ata Auvers con Marcos Calveiro para descubrir, a través da súa novela, a vida e obra do xenial pintor Vincent van Gogh.
Unha novela que nos lembra que "as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas".

MENUDO DÍA!!

Esta mañán, Davila ensinounos o divertido e "fácil" que é debuxar!

 
Realmente xenial!!

27 may. 2014

LUIS DAVILA E MARCOS CALVEIRO !


Mañán ,mécores 28 de maio ,dentro da programación da XXVII Semana Cultural teremos no colexio ao pintor e ilustrador Luis Davila. E pola tarde unha charla-coloquio para adultos, o escritor Marcos Calveiro  presentaranos o seu libro"O pintor  do sombreiro de malvas".



26 may. 2014

"PIGACÍN Y LOS GRANDULLONES"

  Esta mañán, as nais de Jose e Marcos, de primeiro, viñeron  contarlles "PIGACÍN Y LOS GRANDULLONES"  aos alumnos do 1º ciclo de primaria.

MOITAS GRACIAS!!!

22 may. 2014

PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN

Quinoo pai de Mafalda, gaña o Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades 2014!

 O premio chegalle o  mesmo ano no que se celebra e 50 aniversario da creación  deste popular cómic.

Quino plasmou o mundo dos adultos visto dende os ollos dun grupo de nenos no que a protagonista é unha nena preguntona, intelixente, irónica, inconformista, preocupada pola paz e os dereitos humanos, que odia a sopa e ama aos Beatles.


OS NOSOS PARABÉNS!!!

19 may. 2014

ESMERALDA. UN POEMA DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO

DENDE O CEIP MILLADOIRO DE MALPICA CHÉGANOS ESTA FERMOSA VERSIÓN DA POESÍA "ESMERALDA" DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.

16 may. 2014

UN MURAL MOI MARIÑEIRO

Unha vez máis  dentro das actividades de colaboración familia-escola, hoxe  recibimos na Biblioteca a visita do sr José. avó de Paulo ( 5º de E.I.) e de Pepi, a súa nai.
Contaron un conto e dibuxaron un mural do mar que agora imos colorear entre todos.
 Damoslles as gracias. Estamos encantados de contar coa colaboración de todas as persoas que queiran achegarse ao colexio a compartir cos nosos  nenos e nenas o seu saber. GRACIAS!!



12 may. 2014

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA!

Seguindo coa actividade programada de "contacontos na biblioteca" por parte das familias, o venres pasado sorpredeunos "unha turista" que apareceu na nosa biblioteca cunha enorme maleta cargada de contos.
 Ao final da sesión, agasallounos cuns fermosísimos marcapáxinas feitos por ela e a súa familia.

               MOITÍSIMAS GRACIAS!!

6 may. 2014

Apadriñamentos lectores

Despedimos o "Mes dos libros" cunha actividade que xa vén sendo un clásico por estas datas.
Unha actividade para a cual sobran as palabras, basta mirarlle as caras e escoitalos. Velaí tendes a mostra :