28 abr. 2014

ABRIL "MES DOS LIBROS"

Hoxe volvemos a ter o pracer de escoitar a unha mamá "contacontos" na biblioteca. Coa axuda do seu fillo Hugo contounos a historia de "Os sete cabritos".



              






                                                        MOITÍSIMAS GRACIAS!!

26 abr. 2014

ABRIL "MES DOS LIBROS"

Seguindo coas actividades programadas para este mes, onte contamos con unha mamá-Adriana- dun alumno de Infantil que quixo acercase ata a nosa biblioteca para agasallarnos cuhna fermosísima historia.
A historia de "Olegario",un vagalume que tiña problemas coa súa luz , un bonito conto traído dende o Uruguai que nos encantou a tod@s.

 
 
MOITÍSIMAS GRACIAS ADRIANA  POR ADICARNOS UN ANACO DO TEU TEMPO!!

23 abr. 2014

23 de ABRIL"DÍA DO LIBRO"

Celebrámolo con Antonio García Teijeiro!

Foi todo un pracer poder contar hoxe na nosa biblioteca con un escritor tan querido para nós.

Con él poidemos xogar cos  versos, inventar poemas, ilustralos, cantalos...e disfrutar da súa compañía e das súas palabras.

Quedámonos co seu lema :"  Na mesa de noite un libro de poemas  para cada día" e tamén coas  frases:"O día do libro é todos os días", "Para escribir poemas o primeiro que hai que facer é ler, ler e ler!


Deixámosvos unha mostra dos momentos compartidos na biblioteca con él.






                  FELIZ DÍA DO LIBRO E BOAS LECTURAS!
 

21 abr. 2014

23 de abril "DÍA DO LIBRO"

Como ben sabemos o 23 de abril celébrase o "DÍA DO LIBRO".
Na biblioteca temos preparada  unha actividade moi especial. Trátase nada máis e nada menos que da visita do escritor e poeta  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
Recomendámosvos a lectura da antoloxía "Un rato díxolle á lúa" con música de Paco Ibáñez: "unha caixa de tesouros onde se encontra a esencia dos seus versos".

18 abr. 2014

GARCÍA MÁRQUEZ


Morre Gabriel García Márquez: xenio e maestro da literatura Universal (1927-2014)
Autor de obras tan importantes  como: "Cien años de soledad", "El amor en los tiempos del cólera", "Crónica de una muerte anunciada", "El coronel no tiene quien le escriba"...
Recibiu o PREMIO NOBEL no ano 1982 vestindo un "liqui-liqui", traxe blanco típico do Caribe.



Gracias "GABO" por deixarnos ese territorio máxico chamado MACONDO onde conviven realidade,  imaxinación, mitos ,soños e desexo.

14 abr. 2014

Vacacións... PINTURA

Do 13 ao 20 de abril,  tres alumnas do centro: Iria, Carlota e Teresa (xunto con outras artistas) expoñen as súas pinturas baixo o título: "Empezo o camiño" na sala Amalia Domínguez Búa, en Bueu, preto do Museo Massó.
ANIMÁDEVOS A VISITALA!!!

11 abr. 2014

VISITA DE ANXO MOURE

Onte na biblioteca tivemos unha visita moi especial: un pescador de contos que chegou nun batuxo e nos contou que "acariñando acariñando as guerras vanse parando": ANXO MOURE.
Pasámolo moi ben !
Aquí deixamos as fotos da xornada.

8 abr. 2014

ABRIL "MES DOS LIBROS"




Neste mes de abril "Mes dos libros" unha das actividades que temos programadas é a visita de Anxo Moure para contarnos a historia de "A xacia Luviñas".. Unha historia que recomendamos ler, se ainda non o fixestes. De seguro que a xacia fará que reflexionedes sobre o comportamento co medio ambiente e tamén cos amigos e amigas que nos arrodean e nos queren.

Expo Arte 2014

Exposición colectiva do alumnado de artes do IES Mª Soliño. curso 2013-2014

Do 3 ao 26 de abril do 2014

Sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo


7 abr. 2014

Hoxe conmemoramos o IV Centenario da morte de " EL GRECO"

O 7 de abril de 1614, o Greco falecía en Toledo.
Hoxe conmemoramos o IV Centenario do seu pasamento.
El Entierro del conde de Orgaz (parroquia de Santo Tomé, Toledo)

4 abr. 2014

PINTANDO POEMAS

"A  pintura é unha poesía que se ve sin oíla; e a poesía é unha pintura que se escoita e non se ve"                  
                             Leonardo  Da Vinci
 
                                              

 
                                 

1 abr. 2014

2 DE ABRIL"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"


 
Comeza abril cunha data esencial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividade esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo. 
 
 

CENTENARIO DO NACEMENTO DE OCTAVIO PAZ