19 dic. 2014

BO NADAL

  Dende a biblioteca do CEIP Montemogos dexesamos a todos unas Felices Festas.
BO NADAL!

 
BICOS E APERTAS. VÉMONOS NO 2015!


18 dic. 2014

CALENDARIO 2015

Este ano temos un calendario cheo de... CIENCIA!!! Si aínda non o tendes lembrade que podedes adquirilo no colexio ou nas librerías de Bueu e Beluso
Esperamos que vos guste!!!

17 dic. 2014

ESTE NADAL...UN LIBRO...OU DOUS!!!

O Nadal  é tempo de agasallos, e que mellor agasallo que un fermoso libro.

PARA OS PEQUENOS DE INFANTIL
 LECTURAS PARA PRIMARIA

GUÍA PARA ENSINO SECUNDARIO

12 dic. 2014

"PLATERO Y YO" cumpre 100 anos



Cúmprense cen anos da primeira publicación de 'Platero y  yo', a obra cumio de Juan Ramón Jiménez, na que o poeta de Moguer trazou un delicado canto á amizade e á vida, un atinado retrato do mundo rural na España de principios do século XX
FICCIÓN SONORA RNE
O actor Roberto Álvarez dá voz ao poeta Juan Ramón Jiménez, que nos narra en primeira persoa a súa relación de amizade con PLatero

11 dic. 2014

DON QUIJOTE ESCOLAR

A Real Academia Española edita unha versión escolar do gran clásico da literatura: "Don Quijote de la Mancha".

Esta publicación é o preludio das celebracións do bienio de CERVANTES

  • 2015: catro séculos da aparición da 2ª parte do Quijote.
  • 2016: 400 anos do falecemento do autor.

10 dic. 2014

DEREITOS HUMANOS. 365 DÍAS NO ANO

    O 1950 proclamase o 10 de decembro día internacioal dos dereitos humanos. Esta data coincide coa aprobación dous anos antes da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, un documento con 30 artigos básicos que definen os dereitos fundamentais tanto civís, como económicos, culturais, políticos e sociais “que nos unen como comunidade internacional baixo os mesmos ideais e valores”.


   A ONU recorda este 10 de dedembro de 2014 que  cada data do calendario é un Día dos Dereitos Humanos que nos pertence a todos por igual en todo momento”.

9 dic. 2014

UNHA LECCIÓN DE CIENCIA


    Hoxe, Marcos e Cris con sinxelos experimentos, amosáronlle aos máis pequenos principios científicos.
     Animamos a todas as familias a que colaboren.



25 nov. 2014

25 de Novembro DÍA DA NON VIOLENCIA

«Acojo con beneplácito el coro de voces que piden que se ponga fin a la violencia que afecta a alrededor de una de cada tres mujeres a lo largo de su vida. Aplaudo a los dirigentes que están ayudando a promulgar leyes y a hacerlas cumplir, y a cambiar mentalidades. Rindo homenaje, además, a todos los héroes en el mundo que ayudan a las víctimas a sanar y a convertirse en agentes de cambio.»
Mensaje del Secretario General, Ban Ki-moon
en el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer


O colexio participou no concurso de carteis convocado polo Concello de Bueu para conmemorar este día.


O alumnado de 6º de Primaria, a través do departamento de Orientación, presentou os seus traballos ao concurso. A alumna Ana Ríos recibeu unha mención especial



CARTEL GAÑADOR

24 nov. 2014

PREMIO CERVANTES 2014

    O premio literario máis importante da lingua española, PREMIO MIGUEL DE CERVANTES DAS LETRAS,  2014 otorgouse ao escritor Juan Goytisolo Gay (Barcelona, 1931). Este premio entregase sempre o  23 de abril, do ano seguiente, en homenaxe a la data da muerte do autor de "El ingenioso hidalgo don Quijote de La Mancha"

21 nov. 2014

MAGOSTO

  Un ano máis celebramos o MAGOSTO. E outra vez temos que agradecer  aos compoñentes da asociación Corredoiras  a súa colaboración co colexio. Os xogos tradicionais que nos amosan son moi interesantes.

14 nov. 2014

UNHA SEMANA CON XOGOS

Ao longo de toda a semana tivemos no colexio unha estupenda colección de xogos populares que nos cederon  dende o Concello de O Grove.

Para esta actividade, enmarcada no MES DA CIENCIA e aproveitando a festa do MAGOSTO eleximos dentro da colección os XOGOS MATEMÁTICOS E DE HABILIDADE sobre todo para 5º e 6º.

Nas fotos podedes ver o interés que despertaron no alumnado e a habilidade que demostran.
 Lectura comprensiva e interpretación de textos( fichas dos xogos), coñecemento da cultura popular galega, emocións,  xogo colaborativo e moito máis, permítenos traballar co alumnado esta colección, dun xeito moi atractivo para eles.


Totalmente recomendable esta colección de xogos, se queredes solicitala solo tendes que poñervos en contacto co Concello.
Grazas as persoas que os deseñan, elaboran e comparten de maneira totalmente altruista.



13 nov. 2014

ANÍMATE A LER!!!

   Hoxe, por  xentileza  da  Editorial SM, estivo con nós na nosa Biblioteca, IAGO contándonos as seguintes historias:



LÉVAOS  EN  PRÉSTAMO!
                        Biblioteca  Matemática!!!

EUROPA FAI HISTORIA: A SONDA PHILAE ATERRA NO COMETA 67P

O 12 de Novembro 2014 a Misión Rosetta da 
ESA ( axencia espacial europea) aterrou a súa sonda Philae nun cometa. É a 
primeira vez na historia que unha fazaña tan 
extraordinaria se logrou

6 nov. 2014

A CIENCIA FALA GALEGO

NOVEMBRO "MES DA CIENCIA EN GALEGO"




Preme  para acceder á páxina de BIBLIOTECAS ESCOLARES


MANIFESTO (preme para acceder) do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. 
Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA.   Ángel Carracedo.

4 nov. 2014

30 oct. 2014

UN CONTO PARA O SAMAÍN

Celebramos un SAMAÍN cheo de actividades; exposición de cabazas, desfile da Santa Compaña, baile do Samaín, narracións na BIBLIOTECA...
Aquí vos deixamos o conto de "TÍO LOBO" narrado polos nenos de 6ª de INFANTIL.

TIO LOBO from colecabalo on Vimeo.

24 oct. 2014

24 DE OUTUBRO

Hoxe foi un día especial no colexio.
 Celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS!!
Compartimos con todos algunhas das actividades deste día
PRESENTACIÓN DO LIBRO "MIGRAR" PARA OS ALUMNOS MAIORES




Contacontos : as profes da BIBLIO contan "RANILDA" para os máis pequenos

E para rematar un traballo feito entre todos. 
A canción que remata esta montaxe pertence ao álbum Tic Tac de Pablo Díaz, que nos pareceu ben axeitada para este día. Por un erro non aparece nos créditos polo que pedimos desculpas.

19 oct. 2014

O INCRÍBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS.

Moitas grazas aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria pola colaboración prestada para que esta actividade saíra tan ben. PARABÉNS !!!

10 oct. 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ

Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, Premios Nobel da PAZ 2014



                                      Malala Yousafzai            Kailash Satyarthi

 De Kailash Satyarthi, o Comité destacou a súa "gran valentía persoal" que lle levou a liderar protestas e manifestacións pacíficas, para denunciar a explotación infantil. "Contribuíu ademais ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais dos dereitos dos nenos".

No caso de Malala Yousafzai,  recalcouse que "a pesar da súa xuventude, xa loitou durante varios anos polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que nenos e mozos tamén poden contribuír a mellorar a súa propia situación". 
Ao premiar un hindú e unha musulmá, a un indio e a unha paquistaní, quixeron tamén apostar por "unha loita conxunta en favor da educación e en contra dos extremismos".

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe "AS MOCHILAS VIAXEIRAS" comezan a súa andaina !

Os nenos e nenas de tódolos cursos reciben con moita alegría e ilusión a posta en marcha desta actividade coa que comparten a maxia da lectura en familia.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2014

   O poeta Antonio Hernández foi galardonado co Premio Nacional de Poesía 2014 pola obra «Nueva York después de muerto».

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2014

O escritor  francés Patrick Modiano gaña o Premio Nobel de Literatura .

A academia sueca destacou a súa forma de evocar" os máis incomprensibles destinos humanos" e "o seu descubrimento do mundo da ocupación"


6 oct. 2014

Ciencia: PREMIO NOBEL DE MEDICINA

Nobel de Medicina ao "GPS cerebral"

John O'Keefe e o matrimonio formado por May-Britt e Edvard Moser obteñen o galardón polo descubrimento das neuronas que nos permiten orientarnos

John O'Keefe, Mary-Britt Moser y Edvard Moser

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

Hoxe abrimos a BIBLIOTECA.

Vémonos na hora de ler... con sorpresa!!! 


CONTAMOS CON VÓS PARA TER UN ESTUPENDO CURSO!!!

20 jun. 2014

FELICES VACACIÓNS!

Dende a biblioteca, Belusiña deséxavos unhas felices vacacións e boas lecturas.
 Estas son as nosas recomendacións para o verán:

 

17 jun. 2014

A PRIMAVERA!

A música de Vivaldi serviunos de inspiración para "as nosas obras de arte".


12 jun. 2014

EXPOSICIÓNS ORAIS

Ao longo deste mes, estamos  realizando as exposicións dos traballos relacionados co proxecto "pint-ARTE".

Esta semana, os nenos e nenas  de 5º e 6º de Infantil , expuxeron os seus traballos a toda a comunidade educativa sobre :"A pintura na prehistoria" e "Joan Miró".

UN TRABALLO EXCELENTE!!
MOITAS GRACIAS POR COMPARTILO!!


11 jun. 2014

ALICIA BORRÁS

A visita de Alicia foi todo un éxito!
Primeiro , co seu libro "O señor corpo quere xogar"para Ed.infantil, invitounos a cantar, bicar, abrazar, acariñar...



Despois, cos nenos e nenas do terceiro ciclo,falou do seu libro  "Nata y chocolate" .Un libro que nos fai reflexionar sobre a amistade, o respeto, a autoestima...En fin, un libro que recomendamos ler nestas vacacións próximas a chegar.


Prometeunos volver para falarnos da súa última novela "Nata y chocolate invencibles".
Dámoslle as gracias pola sua visita chea de agarimo e sinceridade.

GRACIAS!!





9 jun. 2014

ALICIA BORRÁS SANJURJO

Este martes, 10 de xuño, visítanos ALICIA BORRÁS SANJURJO, por cortesía da Editorial XERAIS.

Naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora. Ten publicados, entre outros, os libros:
  • ·        “Nata y chocolate” (2010)
  • ·        Coa súa obra “Versos graciosos, sabrosos y jugosos” quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria.
  • ·        “O señor Corpo quere xogar” (Xerais, 2013) é o seu último libro publicado.



7 jun. 2014

CONTOS EN CADROS

Ao longo deste mes, os nenos e nenas de 4º de primaria están expoñendo , para todo o alumnado, o seu traballo "CONTOS EN CADROS".

Un fermosísimo libriño de relatos curtos a partires dun cadro. Deixámosvos unha mostra das súas exposicións.




6 jun. 2014

UN GRAN APLAUSO!

   A actuación dos alumnos do CEE XOAN XXIII  de Cangas mereceu un gran aplauso!
   A posta en escena dunha adaptación do conto CINCENTA deixou ao alumnado e profesores do centro impresionados.
 Emotiva, orixinal, fermosa...Toda unha lección de profesionalidade e compañerismo.

MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS UNHA XORNADA INESQUECIBLE!

 Agardámosvos ansiosos para a próxima obra.















5 jun. 2014

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2014

  O escritor irlandés John Banville foi nomeado Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014

   Nacido en Wexford (Irlanda) no 1945  está considerado como un dos grandes da literatura contemporánea.
   Ao longo da súa carreira recibiu o Premio Booker no 2005 coa novela  El Mar, que tamén gañou o Irish Book Award como mellor novela do ano. No 2011 recibiu o Premio Franz Kafka.
Autor de novela negra baixo o seudónimo de Benjamin Black:  El secreto de Christine (2007), El otro nombre de Laura (2008), En busca de April (2011), Muerte en verano (2012) y Venganza (2013).
  Na súa novela La rubia de los ojos negros  reaparece o detective Philip Marlowe, creado por Raymond Chandler.

28 may. 2014

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Desde a nosa biblioteca, viaxamos ata Auvers con Marcos Calveiro para descubrir, a través da súa novela, a vida e obra do xenial pintor Vincent van Gogh.
Unha novela que nos lembra que "as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas".

MENUDO DÍA!!

Esta mañán, Davila ensinounos o divertido e "fácil" que é debuxar!

 
Realmente xenial!!

27 may. 2014

LUIS DAVILA E MARCOS CALVEIRO !


Mañán ,mécores 28 de maio ,dentro da programación da XXVII Semana Cultural teremos no colexio ao pintor e ilustrador Luis Davila. E pola tarde unha charla-coloquio para adultos, o escritor Marcos Calveiro  presentaranos o seu libro"O pintor  do sombreiro de malvas".