20 dic. 2013

VACACIÓNS DE NADAL

Dende a Biblioteca desexámosvos un Feliz Nadal e un 2014  de boas lecturas!

+ lectura - televisión, para tomar o tren  da imaxinación!

18 dic. 2013

REGALA GALEGO!

Un ano máis, recomendamos as guías de lecturas que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo en colaboración cos Equipos de Biblioteca dos colexios da zona editan por estas datas.
            LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO!







O CALENDARIO DO COLE.


Así ven os nenos e as nenas do CEIP MONTEMOGOS algunhas obras de pintores galegos ben coñecidos por todos.

13 dic. 2013

CLEOPATRA NA NOSA BIBLIO!

Onte e máis hoxe,na Hora de Ler, Lucía(unha alumna de 6º curso)contóunos coa axuda do seu compañeiro Óscar a vida da raíña Cleopatra. Partindo dun libro que temos na biblioteca sobre a biografía da raíña de Exipto, Lucía elaborou a súa propia historia.
Un traballo realmente  interesante. Parabéns!


AMBIENTE DE NADAL EN BUEU


Sábado 14 decembro
 IV CONCERTO DE PANXOLIÑAS “XA CHEGA O NADAL”
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 20:30
Entrada libre
 FOLIADA DOS ELELELOS
Lugar: Pub Aturuxo.
Hora: 21:30
 Entrada libre

Domingo 15 de decembro
TEATRO VERBAS: “CANCIÓN DE NADAL” DE DICKENS
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 19:00
Entrada libre

9 dic. 2013

NELSON MANDELA: UN SÍMBOLO DE LIBERDADE!



Mañán, 10 de de decembro,celébrase o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS  non podemos senón reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os case trinta inxustos anos pasados na cadea.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
              
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

5 dic. 2013

UN FIN DE SEMANA LONGO. PODEMOS VER...

EXPOSICIÓN

SOPROS DE NADAL

Museo de Pontevedra

Pasantería, 2-12 36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 85 14 55

Do 28 de Novembro de 2013 ao 12 de Xaneiro de 2014
 Conta a lenda que, en torno a mediados do S. XIX, un vidreiro moi pobre, non podendo permitirse comprar as mazás, noces e galletas coas que tradicionalmente se adornaba a Árbore de Nadal, decidiu imitar as súas formas soprándoas en vidro. Nacían así as bólas de Nadal de vidro.

3 dic. 2013

A VISITA DUN PINTOR.

XOSÉ Mª BARREIRO estivo no colexio. Contounos moitas cousas da súa vida e a súa obra. A charla foi moi interesante. Dámoslle as gracias por ser tan amable.