25 feb. 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA

Hoxe, 25 de febreiro, conmemoramos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Este ano ten maior relevancia por se cumprir 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS, obra que da inicio ao Rexurdimento da literatura galega.
Iniciamos a xornada escoitando unha ALBORADA e o poema de Cantares co mesmo título.
Durante a Hora de ler tivemos APADRIÑAMENTOS ROSALIANOS. Os padriños e madriñas leron e ilustraron cos seus afillados poemas de Cantares Gallegos.




Todos os alumnos levaron como agasallo un MARCAPÁXINAS cun anaquiño do primeiro poema  do libro CANTARES GALLEGOS.
Cos poemas dos apadriñamentos fixemos un libriño.
 

22 feb. 2013

TARDES DE CINE

O vindeiro venres 1 de marzo as 16:30 poderemos disfrutar na Biblioteca da comedia:
INTOCABLE
Máis información sobre a película e os  feitos reais que a inspiraron premendo aquí

14 feb. 2013

ENAMORADOS


HOXE, 14 DE FEBREIRO, DÍA DO AMOR, TIVEMOS UNHA HORA DE LER "DIFERENTE" OS  ALUMNOS  DE 4º E 5º REPRESENTARON UN FERMOSO CONTO QUE SE ATOPA NA NOSA BIBLIOTECA:   "ENAMORADOS"...

ENTROIDO NO MAR

7 feb. 2013

SABEN RECITAR OS PIRATAS?

Os Piratas de 4 anos recitan moi ben.  Recitaron "La canción del pirata" de José de Espronceda diante dos seuscompañeiros.
                                                                                                                                                      

5 feb. 2013

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O 4 de febreiro celébrase o DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO.
Queremos compartir con vós este vídeo que nos gustou moito.