25 ene. 2013



A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo !


24 ene. 2013

NOVIDADES

Xa  temos  na  BIBLIOTECA  o 1º número de "Marcopola, a  illa  remeira"  escrito por  Jacobo  Fernández  Serrano,  coñecido  por  vós  como  durmiñoco,  comiqueiro,  ilustrador,  pintor e   escritor  e,  aínda  que  parece  moita  cousa  para  el  é  todo  o  mesmo:  escribir   e debuxar  o  que  un  inventa.
Os  seus  libros  máis  coñecidos  son  "Mil  cousas  poden  pasar" e  "A  pedra  e  as  formigas".
O  seu  blog  é  jacobofernandezserrano.blogspot.com.

 
ACÉRCATE  POLA  BIBLIOTECA  E  DISFRUTA  DAS  NOVIDADES.

17 ene. 2013

CANCIÓN DA PAZ

Como este ano o PDI do cole é "O MAR" o 30 de xaneiro cantaremos a canción de Macaco titulada "Mensajes del agua". Aquí podedes escoitala.

10 ene. 2013

CADERNOS DE IDA E VOLTA

Co ano novo estamos a renovar algunhas mochilas viaxeiras(as que xa remataron a 1º ronda). Mirade que CADERNOS tan fermosos viaxan nelas!!!
Queremos darvos as grazas pola vosa participación e animarvos a que sigades aportando as vosas ideas.
      GRAZAS A TODAS/OS!!!



 CADERNO VIAXEIRO 4º E.I.                            Click para ampliar

CADERNO VIAXEIRO 1º PRIMARIA