20 dic. 2013

VACACIÓNS DE NADAL

Dende a Biblioteca desexámosvos un Feliz Nadal e un 2014  de boas lecturas!

+ lectura - televisión, para tomar o tren  da imaxinación!

18 dic. 2013

REGALA GALEGO!

Un ano máis, recomendamos as guías de lecturas que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo en colaboración cos Equipos de Biblioteca dos colexios da zona editan por estas datas.
            LEMBRADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO!







O CALENDARIO DO COLE.


Así ven os nenos e as nenas do CEIP MONTEMOGOS algunhas obras de pintores galegos ben coñecidos por todos.

13 dic. 2013

CLEOPATRA NA NOSA BIBLIO!

Onte e máis hoxe,na Hora de Ler, Lucía(unha alumna de 6º curso)contóunos coa axuda do seu compañeiro Óscar a vida da raíña Cleopatra. Partindo dun libro que temos na biblioteca sobre a biografía da raíña de Exipto, Lucía elaborou a súa propia historia.
Un traballo realmente  interesante. Parabéns!


AMBIENTE DE NADAL EN BUEU


Sábado 14 decembro
 IV CONCERTO DE PANXOLIÑAS “XA CHEGA O NADAL”
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 20:30
Entrada libre
 FOLIADA DOS ELELELOS
Lugar: Pub Aturuxo.
Hora: 21:30
 Entrada libre

Domingo 15 de decembro
TEATRO VERBAS: “CANCIÓN DE NADAL” DE DICKENS
Lugar: Centro Social do Mar.
Hora: 19:00
Entrada libre

9 dic. 2013

NELSON MANDELA: UN SÍMBOLO DE LIBERDADE!



Mañán, 10 de de decembro,celébrase o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS  non podemos senón reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os case trinta inxustos anos pasados na cadea.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
              
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

5 dic. 2013

UN FIN DE SEMANA LONGO. PODEMOS VER...

EXPOSICIÓN

SOPROS DE NADAL

Museo de Pontevedra

Pasantería, 2-12 36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 85 14 55

Do 28 de Novembro de 2013 ao 12 de Xaneiro de 2014
 Conta a lenda que, en torno a mediados do S. XIX, un vidreiro moi pobre, non podendo permitirse comprar as mazás, noces e galletas coas que tradicionalmente se adornaba a Árbore de Nadal, decidiu imitar as súas formas soprándoas en vidro. Nacían así as bólas de Nadal de vidro.

3 dic. 2013

A VISITA DUN PINTOR.

XOSÉ Mª BARREIRO estivo no colexio. Contounos moitas cousas da súa vida e a súa obra. A charla foi moi interesante. Dámoslle as gracias por ser tan amable.


29 nov. 2013

"CULTURGAL"... PARA O FIN DE SEMANA


      

 2013 vaise desenvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra  os dias 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. 
Encontros con escritores, microtalleres, títeres, obradoiros, animación, contacontos...

Programa Culturgal 2013

   O acceso xeral á Feira é gratuíto.

27 nov. 2013

PINTORES DO NOSO ENTORNO: XOSÉ Mª BARREIRO

Iniciamos na biblioteca as actividades arredor de Xosé Barreiro un coñecido pintor natural de Forcari e afincado na parroquia de Cela.



Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria presentaron aos compañeiros un traballo en power point no que explicaron a vida e obra do pintor.




EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO COLEXIO.

VIDA E OBRA DE XOSÉ Mª BARREIRO

25 nov. 2013

25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero.

Hoxe na biblioteca lemos o conto de "Arturo e Clementina". O mellor recurso para erradicar a violencia é a educación.

 O colexio participou o concurso  do CIM. Óscar Gómez Brión de 6º
de E.P. obtivo unha mención especial.                                                                          
Traballos presentados

DON PEDRO O PROFESOR.

O pasado venres, 22 de novembro xubilouse DON PEDRO  profesor no colexio de Beluso durante 40 anos.
A comunidade educativa agradeceulle a sua labor de tantos anos dándolle o seu nome ao salón de actos do centro.Foi un acto moi  emotivo onde os alumnos e os compañeiros lle amosaron o seu cariño e lle desexaron os mellores desexos para o futuro.Esperamos que non nos esqueza e nos visite a miúdo
MOITAS GRAZAS PROFE POLA TÚA DEDICACIÓN. 













22 nov. 2013

QUE FACER ESTE FIN DE SEMANA?


EXPOSICIÓN

Fauna na obra de Ruibal
Data: do 4 de Outubro ao 23 de Novembro de 2013
Horario: De luns a venres de 17:30 a 20:30 h. Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h
A exposición reune máis de cincuenta obras do artista pontevedrés,tamén podemos contemplar as súas esculturas.




CONCERTO

Concerto de Santa Icia
Data: 23 de Novembro de 2013
Horario: 20:00
 Concerto de Santa Icia a cargo da Banda de Música de Salcedo. 
Gratuito


TEATRO

Mario - Os sábados, conto - Actividades para Rapaces
Lugar: Biblioteca Pública Juan Compañel - Vigo
Data:23 de Novembro de 2013
Horario: 12:00
Matapiollos. Mario é un rapaz que sempre está aburrido pero, un bo día, atopa algo que esperta a súa curiosidade...
Gratuito

21 nov. 2013

"É DÍFICIL IMAXINAR UN MUNDO SEN EDUCACIÓN" (Malala Yousafzai)

20 Novembro: Día Mundial dos Dereitos dos Nenos e das Nenas:

  • Mesa-exposición de libros relacionados co tema.
  • Investigamos a MALALA YOUSAFZAI.
  • Lectura e proxección dos libros:
    • "OS NOSOS DEREITOS" (Maria Joao Carvalho) para Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
    • "LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN"(Jeanette Winter) para 2º e 3º ciclos. Presentación e lectura feita polo alumnado de 6º de Primaria.



19 nov. 2013

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013

   O  Premio Cervantes 2013 concedeuselle  a Elena Poniatowska , autora de máis de 40 libros, é unha das máis destacadas periodistas e escritoras mexicanas, moi vinculada con temas sociais. 
   Naceu en París no 1932, ten o título de princesa por ser tataraneta do último rei de Polonia. Con 10 anos a familia estableceuse en México, nacionalizouse no 1969. Di que é "máis mexicana que o mole".

     Só catro mulleres recibiron este galardón nos seus 38 anos de historia: as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992). Este Cervantes con nome de muller coincide co Nobel 2013 a Alice Munro
   Entre os galardóns de Poniatowska estánRómulo Gallegos no 2007 por "El tren pasa primero", o Biblioteca Breve no 2011 por "Leonora", o  Alfaguara de novela no 2001 con "La piel del cielo".


"As mulleres son as grandes olvidadas da historia. Os libros son a mellor forma de rendirlles homenaxe"

18 nov. 2013

DORIS LESSING

 
Doris  Lessing, gañadora do premio   Príncipe de Asturias no ano 2001 e do Nobel no 2007, autora  de máis de medio cento de libros  foi narradora, poetisa, ensaista e intelectual comprometida coa vida  e a literatura.

   Lessing  (nacida no 1919 en  Irán) finou hoxe aos 94 anos.
  A súa obra máis coñecida é "El cuaderno dorado" (1962), obra cume da literatura feminista.

15 nov. 2013

FIN DE SEMANA...SUXESTIÓNS


TEATRO



Os Axóuxeres
Lugar: Multiusos das Pozas - Mos
Data: 17 de Novembro de 2013
Horario: 12:00
Os Axóuxeres é unha iniciativa dirixida á xente miúda da casa, na que se celebra unha festa da música, dos xogos e das palabras

Gratuito. A pesar de ser de balde, require reserva previa



CURSOS Y SEMINARIOS

1+1 = 11? - Obradoiros infantís para público familiar
Laboratorio das Artes (1º andar
Datas: del 16 al 17 de Novembro de 2013
Horario: Sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00
Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas 

Gratuito

CONCERTOS


Concerto aniversario - Os Alegres
Data: 16 de Novembro de 2013
Horario: 19:00
Concerto aniversario de "Os Alegres" e homenaxe aos gaiteiros. Organizado pola agrupación folclórica "Os Alegres".

Gratuito

12 nov. 2013

MAGOSTO 2013

Amenceu un día espléndido e por fin poidemos celebrar a festa do Magosto que levabamos días esperando e que tivemos que aplazar por mor da choiva.
Temos que dar as GRAZAS aos homes e mulleres da asociación CORREDOIRAS que nos acompañaron e xogaron con nóns compartindo o seu saber. GRAZAS.


8 nov. 2013

QUE FACER NO FIN DE SEMANA DE SAN MARTIÑO?

        Do 09/11/2013 ao 11/11/2013, San Martiño (Bueu)
 
   Os vindeiros días 9, 10 y 11 de Novembro e Bueu  vistese de gala para celebrar as festas en honor ao seu patrono, San Martiño. Durante estas xornadas os mais novos poden disfrutar de actividades e dun magosto o día 9 na carpa das Lagoas.

XVIII CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO
                                                                              
Domingo, 10 de Novembro do 2013                                              
 
 
Exposición:
 Pintura da pontevedresa Beatriz López, "Érase una vez... Mis sueños"
·         Data: 01/11/2013 ata 15/11/2013

·         Lugar: Sede Turismo Rías Baixas. Praza Santa María. Pontevedra.

 Horario: de luns a venres de 9:00 as 20:00; sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e das 16:00 as 19:00; os domingos de 10:00 as 14:00h.
ENTRADA GRATUITA


 

7 nov. 2013

SEMANA DA CIENCIA

Con motivo o día 5 de Novembro do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO a BIBLIOTECA encheuse durante toda esta semana de sorpresas científicas.
Os alumnos e alumnas de 6º expuseron os seus traballos sobre " Disco de Newton: a composición da luz branca". "O aparello respiratorio nos seres humanos".
As presentacións resultaron moi interesantes. Moitas grazas a todos.
Aquí vos deixamos una mostra das actividades.



4 nov. 2013

"CORRE, CORRE CABACIÑA " VIDEO

Parabéns aos actores e actrices.

SAMAÍN

Rematamos as actividades da semana do SAMAÍN. Aquí vos deixamos una morea de imaxes das actividades que fixemos ao longo da semana,



31 oct. 2013

MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE BANDA DESEÑADA

Miguelanxo Prado despois de recibir o galardón de  Mellor Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona, o Ministerio de Cultura concedeuselle o "Premio Nacional de Cómic", dotado con 20.000 euros.
zoomMiguelanxo Prado, en el pasado Salón del Cómic de Barcelona, donde ganó el premio a Mejor Obra por 'Ardalén'.do
En  'Ardalén', título que alude a un vento caribeño que atravesa o Atlántico e chega as costas galegas, Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) conta a historia de Sabela, unha mujer de 40 anos  divorciada, en paro, que chega a unha pequena aldea galega en busca de información sobre o seu avó.



Dende os años 80, colaborou en publicacións como 'Cairo', 'Cimoc', 'Zona 84', 'Comix Internacional', '1984' o el 'Jueves

No 1997  participou en 'Men in black', producida por Steven Spielberg, e  na novela gráfica 'The Sandman: Endless Nights'. Súas son tamén a serie de  'Quotidianía Delirante', e 'Tangencias', 'Pedro y el lobo' y 'La mansión de los Pampín'.

Traballou para la Televisión Galega creando o personaxe Xabarín e todos os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño


30 oct. 2013

RECOMENDACIÓNS PONTE DE SANTOS

A Noite dos Calacús

Data31-10-2013
Hora18:00
LugarPraza da Verdura

Obradoiro infantil de decoración de calacús que se iniciará ás 18.00 horas na praza da Verdura.


Exposición Na Beira do Río. Diálogos Na pintura. 

Eduardo Dios e Pancho Rodiño.
Lugar  Pazo da Cultura de Pontevedra


Exposición Xavixjcs
Data:  ata o 4 de Novembro de 2013
Xavixjcs é un fotógrafo de formación autodidacta e independente dende hai dúas décadas. Dende 1990 ata o 2009 residiu en Alemania, traballou como asistente de varios fotógrafos.




26 oct. 2013

MENDEZ FERRÍN RECIBE O PREMIO "OTERO PEDRAYO"

  


    Hoxe, o escritor e político  Xosé Luís Méndez Ferrín recibiu o premio 'Otero Pedrayo' no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, despois de que as catro deputacións galegas decidiran otorgarlle este galardón o pasado mes de marzo.

   Unha vida adicada a defensa da lingua galega.

    





25 oct. 2013

AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE




Hoxe ,despois do recreo,comenzou a andaina das "MOCHILAS VIAXEIRAS".
Todos os nen@s do colexio viñeron á Biblioteca a recoller a súa.
Foi toda unha ledicia retratalos co seu sorriso ao recibilas.
Desexámoslles unha boa viaxe!




RECOMENDACIÓNS FIN DE SEMANA

EXPOSICIÓNS


Premios Novos Valores 2013

Lugar: Museo de Pontevedra - Pontevedra
Data: del 26 de Septiembre al 27 de Octubre de 2013
A exposición Premios Novos Valores de Artes Plásticas 2013 amosa as trinta e oito obras seleccionadas ou premiadas neste certame convocado pola Deputación de Pontevedra.




Tu cuerpo, el lugar donde habitas
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia - Pontevedra
Data: del 25 de Septiembre al 27 de Octubre de 2013
Puri del Palacio licenciouse en Bellas Artes hace fai máis de duas décadas en Madrid. Dende entón ofreceu numerosas exposicións.


CONCERTO
Verdi según Liszt
Lugar: Conservatorio Superior de Música de Vigo - Vigo
Data: 25 de Octubre de 2013
O pianista Severiano Rey Ortiz ofrece as paráfrasis de Listz sobre Verdi, no Auditorio Martín Códax. 

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2013

     





O escritor  e  membro da Real Academia da Lingua  José María Merino, nacido na Coruña no 1941, acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa 2013 pola súa obra
"EL RÍO DEL EDÉN".

23 oct. 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

Este curso abrimos a BIBLIOTECA cunha visita moi especial. Fina Casalderrey escritora e membro de Real Academia Galega. Dámoslle as grazas por adicarnos un anaquiño do seu tempo . Grazas tamén polas fermosas palabras  que escoitamos. Queremos compartir con todos vós algunhas das  súas reflexións:
"Eu escribo porque as palabras teñen moita forza"
"Chámanme escritora gracias a vós, porque vós ledes"
" Unha vez que descubres o pracer de ler, xa non o soltas"



Se queres saber máis sobre a visita pincha aquí

22 oct. 2013

FINA CASALDERREY

No mes das BIBLIOTECAS recibimos unha visita moi esperada por todos nós:
  FINA CASALDERREY

16 oct. 2013

PREMIO PLANETA 2013

  A escritora   Clara Sánchez recibiu o  premio Planeta 2013 pola súa  novela "El 
cielo ha vuelto".   Dotado con 601.000 €, é o maior premio literario en castelán.  
   Dende a creación destes premios é a terceira vez que designan dúas mulleres como gañadoras.


A idea da novela xurdiulle mirando unha revista na perruquería.

    A exministra de Cultura Ángeles González-Sinde  foi finalista coa obra "El buen hijo".

14 oct. 2013

ÁLVAREZ TORNEIRO

   "OS  ÁNGULOS DA BRASA"  é a obra pola que Manuel Álvarez Torneiro foi galardoadao co Premio Nacional de Poesía 2013.
         Este libro é  un "tributo á memoria."  O autor está encantado co premio xa que é moi difícil gañar un premio nacional con escritos en galego, unha lingua que ama intensamente.


"AQUEL NENO"

                




 O escritor  Xosé Neira Vilas presentou a súa última obra 

"Aquel neno", ilustrada por Xosé Vizoso.