22 dic. 2012

NADAL 2012

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

20 dic. 2012

LINGUAXE DE SIGNOS. TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES.


Hoxe tivemos un contacontos moi especial, Iago. Paco Trolas en linguaxe de signos.
Podemos ver o ben que o fixo neste pequeno video





12 dic. 2012

12/12/ ás 12 h. RECITAMOS!!!

Chegou o día de recitar a Celso Emilio  xuntos. Ás doce menos dez xuntámonos no patio debaixo dunha gran pancarta co poema. Estábamos todos: nenos. profes, e tamén papás e mamás que quixeron acompañarnos. Ás 12 en punto sou a música de rap ...COMEZAMOS.
Un agradecemento especial a todos os membros da comunidade educativa que nos acompañaron.

30 nov. 2012

RECITANDOCELSOEMILIO 12-12-2012 ÁS 12H.

 Ao cumprirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro dende a CGENDLdesexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
 RecitandoCelsoemiliO consiste nun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar", de Celso Emilio Ferreiro, e terá lugar o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.


20 nov. 2012

"TARDES DE CINE"

Queremos poñer en marcha unha nova actividade na Biblioteca do cole:

“TARDES DE CINE”


Consiste no visionado dunha película para adultos e breve charla sobre a mesma.

Horario: 16:30-18:30 aproximadamente.

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER este venres (23-11-12) proxectaríamos a película:
Pincha para ver o trailer.
                     “TE DOY MIS OJOS”

  FICHA TÉCNICA:
Dirección: Iciar Bollaín
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna
Producción: Producciones La Iguana y Alta Producción
Duración: 106 min.
País: España
Año de producción: 2003
Reparto: Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña, Rosa María Sardà, Kity Manver, Sergi Calleja, Dave Mooney, Nicolás Fernández Luna, Elisabet Gelabert, Chus Gutiérrez, Elena Irureta.

Sinopsis: Pilar sale huyendo de su casa con cuatro cosas y su hijo. Tras nueve años de matrimonio, huye del maltrato al que la somete su marido, Antonio. Él no tarda en salir a buscarla, pues, según él, la quiere más que a nada en el mundo. La película ahonda en las relaciones de la pareja y su entorno familiar y laboral, marcadas por el drama de la violencia contra las mujeres.

19 nov. 2012

ASÍ FOI A FESTA...

O venres 16 de novembro celebramos o MAGOSTO no colexío. Pasámolo estupendamente!!!

  Move o rato por riba da imaxe para activar a lupa.

Esta é a canción que cantamos e bailamos entre todos.



Videoclip promocional de Pelo Gato 24, un traballo baseado nos xogos populares galegos, editado por PAI-Música

12 nov. 2012

"MAGOSTO 2012"

Esta semana preparamos as actividades para o MAGOSTO, que celebraremos o venres 16 de Novembro.
O CEIP  Víctor Sáez de Mazaricos amosanos unha morea de recursos para usar na aula, Moitas grazas por compartilos: RECURSOS PARA O MAGOSTO

5 nov. 2012

SAMAÍN 2012



 Que medo!!
Este ano o 31 de outubro celebramos o Samaín coa representación do conto "O PAPÓN" polos nenos e nenas de 4º de primaria.
Tamén cantaron as súas CHANTS os nenos de 3º, 4º e 5.
Houbo unha representación terrorífica a cargo de 4º e 5º do CONXURO.

FOI UN DÍA FANTÁSTICO!!!!

29 oct. 2012

"HALLOWEEEN RIDDLES" PARA COMEZAR O SAMAÍN

Click para ampliar
Aquí vos deixamos un mural moi chulo feito polos nenos e nenas de 6ºcurso na clase de inglés.
A decoración de cabazas é obra dos nenos de 4º curso.


Preme na imaxe para ampliar


24 oct. 2012

RECITAL CELSO EMILIO FERREIRO

    No 2012 conmemórase o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS,  no noso colexio quixemos facer unha pequena homenaxe a este grande autor galego.

23 oct. 2012

E TI....QUE LIBRO RECOMENDARÍAS?

O 24  de outubro é "O DÍA  DAS  BIBLIOTECAS". Os  alumnos  do  CEIP  MONTEMOGOS  fan  as  súas recomendacións.

Facédelles  caso  e  A  LER  MOITO.

19 oct. 2012

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro  DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Teremos actividades no cole ao longo de toda a semana, incluida a gravación dun video moi especial:
" E ti, que libro recomendarías?"

O día 24  recital de poesía en honor a CELSO EMILIO FERREIRO
  Ano 2012 centenario do poeta de Celanova
Click na imaxe
                         

17 oct. 2012

¿QUÉ DESEO PEDIRÍAS?

Deseo que exista la magia en el mundo.
Deseo que los libros se hagan realidad
y que haya castillos encantados, magos, ríos de estrellas y seres extraordinarios.

 Deseo  UN  
             MUNDO   
   MÁGICO!!!                    
            ¿Qué deseo pedirías?
                                         Violeta Monreal                              
                                         

5 oct. 2012

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA!!

HOXE  VENRES  DÍA  5  DE  OUTUBRO,  ABRIMOS  A  NOSA  BIBLIOTECA  E  COMEZAMOS  COA  VIAXE  DAS  "MOCHILAS"  POLAS  VOSAS  CASAS.





29 jun. 2012

FELICES VACACIÓNS


Rematamos o curso. Disfrutade das vacacións do sol, da praia e dun bo libro!








18 jun. 2012

Animádevos a ver este vídeo do IES CHANO PIÑEIRO de Forcarei titulado: "LER NON É CLANDESTINO". Non vos parece interesante?
http://www.youtube.com/watch?v=dlmdX_9W6yg&feature=player_embedded

30 may. 2012

ABRAHAM CARREIRO

O venres 25, Abraham Carreiro, escritor e ilustrador, visitou o noso colexio, por cortesía do "Consorcio Editorial Galego"
Se queres saber máis podes acceder estas páxinas : Trafegando Ronseis    Xoeliki
Para poder ver as fotos pincha aquí.

21 may. 2012

REMATAMOS A "SEMANA DAS LETRAS"

Accede a todas as imaxes da Semana das letras pinchando  nos distintos blogues que che mostramos a continuación:

Blogue do cole    Blogue  de E.I.   Blogue de Dinamizacion da Lingua.    Tarandeira

ESPERAMOS QUE CHE GUSTEN!!!

9 may. 2012

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS 2012

Exposicións, saídas culturais, e moitas actividades atractivas teremos no cole ao longo de toda a semana. Temos que aproveitalas e pasalo moi ben ao tempo que aprendemos cousas novas. Xa vos iremos contando. Aquí tendes o programa.Veredes que interesante!!.

23 abr. 2012

LUNS 23 DE ABRIL,  DÍA DO LIBRO. Os alumnos e alumnas dos cursos superiores, adoptaron un "afillado/a",  un neno ou unha nena dos cursos inferiores para lerlles un conto.
UNHA EXPERIENCIA MOI POSITIVA PARA TODOS!





10 abr. 2012

I Encontro Lectura e Familias. "Lemos xuntos". Sanxenxo, 12/13 de abril de 2012

Un dos aspectos que é preciso contemplar no deseño desenvolvemento dos Proxectos Lectores de centro é a maneira de implicar ás familias na formación dos pequenos como lectores e lectoras competentens, e  o seu papel na adquisición dos hábitos de lectura. Son moitas as iniciativas que se levan a cabo nos centros, desde as aulas e desde as bibliotecas escolares, nese traballo conxunto  cos pais e nais, co fin sempre de poñer en valor a actividade da lectura: unha competencia fundamental para o desenvolvemento persoal, académico e social dos nenos e nenas.  
Desta vez, xúntanse vontades e profesionalidade dos equipos de biblioteca de varios centros do concello de Sanxenxo, e xunto con ANPAS, librerías e o propio Concello, botan a andar o I Encontro de Lectura e familias, LEMOS XUNTOS, que se vai celebrar os días 12 e 13 de abril no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo (Pontevedra). Obradoiros para nenos e mozos, conferencias para os adultos, sesións de narración oral, lecturas públicas e recitais configuran un programa de interese, que conta coa colaboración da propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Está aberto aínda o periodo de inscrición en obradoiros para os máis novos e "encontros da noite", previstos para os adultos.
Toda a información, no blogue da actividade: LEMOS XUNTOS SANXENXO. Tamén en facebook e twitter
Parabéns aos EQUIPOS DE BIBLIOTECA dos centros organizadores: IES SANXENXO, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA, CEIP DORRÓN, CEIP PORTONOVO, así como ao resto dos centros do concello que se sumaron á iniciativa e ás súas comunidades educativas.

2 abr. 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas".
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro é o texto que Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano, cedeu á IBBY para a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil 2012. Cada ano, a International Board on Books for Young People encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa, e velaquí  tamén o cartel que elaborou para a ocasión o ilustrador deste país, Juan Gedovius.  
As datas significadas, coma esta, poden ser útiles para insistir nos beneficios da lectura, na necesidade de ofrecer ao alumnado textos de calidade que os axuden a medrar como cidadáns xustos e felices. Aínda que estas celebracións por si soas non consiguen nada, cando vaian acompañadas de actividades sistemáticas, de tempos e espazos para a lectura (na familia e na escola), e de bos libros (en papel ou en pantalla), seguramente poidamos avanzar como sociedade lectora, máis culta e máis igualitaria.

9 mar. 2012

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Ao longo desta semana desenvolverónse no cole diversas actividades destinadas a favorecer nos nosos alumnos actitudes e valores de respeto e igualdade entre nenos e nenas.Aquí tendes unha mostra.




24 feb. 2012

COPLAS DE ENTROIDO

Aínda que un pouco tarde, aquí están as coplas deste ano



7 feb. 2012

GONZALO MOURE VISITA A NOSA BIBLIOTECA

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UN ANAQUIÑO DO SEU TEMPO. AS SÚAS PALABRAS EMOCIONÁRONNOS! PARA SABER MÁIS DO AUTOR VISITA A SÚA WEB
Cortesía de Xerais




31 ene. 2012

OS NENOS E NENAS DE 3º CICLO ESTUDAN OBRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO

No terceiro ciclo están a investigar a Álvaro Cunqueiro. Os seu traballo enmárcanse dentro do proxecto documental de centro "Alimentación saudable.

Aquí tendes unha mostra dos seus traballos




30 ene. 2012

SORRISOS E ABRAZOS PARA TODOS

30 XANEIRO 2012 DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA

30 xaneiro, DIA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ARTE POLA PAZ é o noso lema de traballo este ano.

Ao longo de toda a semana pasada, todos os alumnos do colexio colaboraron  na interpretación e posterior reproducción de dúas obras de PABLO PICASSO.
Os alumnos de E.I. pintaron o cartel para FESTIVAL MUNDIAL DA XUVENTUDE E OS ESTUDANTES POLA PAZ. BERLÍN 5-19 AGOSTO 1951.  Este foi o resultado:

Os alumnos de Primaria fixeron unha recreación moi colorida do GUERNICA
Aquí che deixamos un breve vídeo explicativo.

Se o queres ver en vivo e en directo has de saber que se atopa exposto no MUSEO REINA SOFÍA DE MADRID

22 ene. 2012

UNHA CONTACONTOS ESPECIAL

O venres os nenos de infantil tiveron sesión de  contacontos na biblioteca. Nesta ocasión foi unha contacontos moi especial... A PROFE VANESSA!
                     MOITAS GRAZAS por facernos pasar un rato tan divertido. Esperamos que se repita!

9 ene. 2012

BENVIDOS DE NOVO!

                                            


Novas lecturas e actividades esperan na BIBLIOTECA. Ven a disfrutalas!!!