29 de abr. de 2011

TERESA GONZÁLEZ COSTA

   Hoxe, venres 29 de abril, visitounos TERESA GONZÁLEZ COSTA, autora do libro:"A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS". Premio Merlín 2010.

   Pasamos un rato estupendo falando de moitas cousas. Sabemos que é actriz(notábase por como xesticulaba), profesora de teatro. Escribe poesías nas que reflexa o que lle pasa. Ilustrou algún dos seus libros. Fala varios idiomas, gústalle o xaponés.

   Por suposto, falamos do seu libro. Contounos anécdotas dos personaxes, dos seus nomes, dos inventos.

   O que máis lle gusta de gañar o Premio Merlín é a posibilidade de contacto cos nenos.

          MOITAS GRAZAS POR VIR AO NOSO COLEXIO!

23 de abr. de 2011

RECURSOS DÍA DO LIBRO

 Hoxe, 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO.

ANÍMATE a celebralo con nós realizando algunha das actividades recompiladas por JULIA GONZÁLEZ do CEIP MESTRES GOLDAR. Moitísimas grazas por compartir estes interesantes recursos.


Lembra que no noso Colexio celebrarémolo os días 26, 27 e 28 de abril coa LECTURA COLECTIVA de "EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA" escrito por Miguel de Cervantes Saavedra.

FELICES LECTURAS!

22 de abr. de 2011

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor


As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.
MARCAPÁXINAS (dobrar en sentido lonxitudinal)

22 ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA.

Este planeta Terra é o noso fogar , COIDÉMOLO!!

12 de abr. de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Nós, como xa é o segundo ano no PLAMBE asistimos o venres 8.
   Inaugurou a xornada Xesús Vázquez, conselleiro de Educación. Foi un día moi interesante xa que houbo charlas, exposicións, obradoiros,...

   A clausura dos Encontros estivo a cargo de Xosé Neira Vilas,autor de "Memorías dun neno labrego", que celebra este ano o 50 aniversario da súa publicación.
  
 Entra como convidado neste enlace e atoparás información moi interesante:

PARABÉNS Á ORGANIZACIÓN
                                                                                 

10 de abr. de 2011

FERMOSO PASEO PARA UNHA TARDE DE SOL

As veces temos ao lado da casa lugares sorprendentes que nos pasan desapercibidos.Un destes lugares é o coñecido como Palacio de Lourizán, situado no lugar do mesmo nome, na carretera vella de Pontevedra, por detrás da Celulosa.

Altamente recomendable un paseo polos seus camiños admirando as árbores centenarias que lles dan sombra.


6 de abr. de 2011

UNHA MALETA CON SORPRESA


Estes días anda rulando polo cole unha maleta de cor azul.Cando chegue a vosa aula abrídea e disfrutade ...

¿TRES HAN DE SER?



Na nosa biblioteca xa temos ¿TRES HAN DE SER? escrito por DARABUC, quen tivo a amabilidade de adicarnos o libro con todo o cariño do mundo.

Desde o colexio Montemogos MOITAS GRAZAS.


 

1 de abr. de 2011

ENTROIDO 2011

Aínda que un pouco tarde,xa están aquí as fotos do Entroido.Esperamos que as disfrutedes



CONTACONTOS

Co gallo do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, hoxe no noso colexio vixitounos o BARDO ABELARDO. Pasámolo MOI BEN cantando e bailando co seu espectáculo "OS C@NTOS DO BARDO ABELARDO". Grazas por vir a celebralo con nós!