28 mar. 2011

BIBLIOTECAS... IMAXINARIAS

Artigo no blog da BIBLIOTECA NACIONAL (si viaxades a Madrid é un gran acerto visitala) sobre BIBLIOTECAS IMAXINARIAS.

Precioso sobre todo si che gusta a lectura e os libros!
http://www.bne.es/webapp/verPostBlog.htm?idPost=68&urlCms=/es/ComunidadBNE/Blogs/index.html

27 mar. 2011

2 de abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

"O libro lembra": 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil


O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova. 
Cada ano, esta organización encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. Nesta ocasión, Aino Pervik e Jüri Mildeberg proceden de Estonia e agasállanos con unha imaxe exquisita e unha visión do libro como testemuña dunha época e dun lugar. 
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos acceder ao tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e disfrutalo en galego. 

26 mar. 2011

BIBLIOTECA NACIONAL

PARA OS MAIORES DA CASA. UNHA VERDADEIRA XOIA

Preme na imaxe para acceder

21 mar. 2011

21 DE MARZO

O luns 21 de marzo...  triple celebración:

DÍA DA POESÍA

DÍA DA ÁRBORE

CHEGADA DA PRIMAVERA

ACHÉGATE POLA BIBLIOTECA E RECITA OU ESCOITA UNHA POESÍA.

18 mar. 2011

SEMANA DA PRENSA


DURANTE TODA A SEMANA TRABALLAMOS XORNAIS
- O TEMPO
- PORTADA E CONTRAPORTADA
- NOMES DE XORNAIS
- SECCIÓNS
- PARTES DUNHA NOTICIA
- PÉS DE FOTO
FIXEMOS UN AMPLO SEGUIMENTO DA NOTICIA DA SEMANA "O TERRREMOTO DE XAPÓN". OS NENOS DE  MONTEMOGOS MÁNDANLLE  UN BICO  MOI  GRANDE  E UNHA FORTE  APERTA  AOS  NENOS  XAPONESES.

15 mar. 2011

LIPDUB

   Se un rato divertido queres pasar mira este lipdub feito polo IES A Fonsagrada onde se nos conta a historia dun libro esquecido, que percorre o centro ata a biblioteca.
   
   É un xogo no que hai que recordar a CDU mediante a asociación de imaxes, números e cores.

10 mar. 2011

SEMANA DA PRENSA

Anímate a ler xornais:
  De todo o mundo.      
  De Galicia.
                                         
  Si queres deixarnos algún comentario dunha noticia que che interese, estaremos encantados de publicalo

6 mar. 2011

TALLER DE DISFRACES

Dende as aula de Cabalo achégannos esta mostra de disfraces. A ver si vos atopades nalgunha foto. Pinchade na imaxe para acceder