27 feb. 2011

BELUSIÑA RENPONDEU ÓS NENOS DE CABALO


LERON A CARTA DE BELUSIÑA E EXAMINARON A MOCHILA COS LIBROS QUE LLES PREPAROU.
ESTABAN ENCANTADOS.

20 feb. 2011

CARTA DENDE CABALO

  O venres 18, chegounos unha carta dos nenos de Cabalo.
Solicitan moita información para as súas investigacións, do bosque, dos cabalos, da toponimia da zona, etc.
  Pronto lles enviaremos un montón de libros. Mentres poden consultar algúnha das páxinas que propoñemos dende a biblioteca, que falan dos bosques.
  Calquera que necesite consultar algún tema pode escribirnos ou pasar pola biblioteca.

  Gracias amiguiños de Cabalo.

9 feb. 2011

A visita de Luis Davila ao noso colexio

O día 31 de xaneiro de 2011, tivemos a sorte de que o caricaturista de Bueu, Luis Davila, viñera ao noso colexio. Este caricaturista traballa no xornal Faro de Vigo. As súas tiras cómicas son “O bichero” e “O fotomatón”.
Aos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria ensinounos e ilustrounos sobre:
 que é unha tira cómica
 as ideas para participar nós no concurso de viñetas co gaio da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora
 Logo tocoulle o turno ás distintas expresións das facianas (alegría, tristeza, enfado, susto, sorpresa, risa, cabreado, pensativo, louco)
 Despois á representación das distintas etapas da vida: bebé, neno, xóven, maior, vello e ancián (ao que por suposto lle debuxou unha pucha)
 Enseguida lle tocou o turno á política, Zapatero e Rajoy quedaron inmortalizados. O fútbol tampouco quedou esquecido, a Messi deixouno cuspidiño.
 Cando Luis nos propuxo caricaturizar aos mestres, aceptamos con gran entusiasmo e bulla a suxestión. Montejano, o teacher, quedou cunhas cellas moi marcadas. Fariña parecía O Apalpador das serras do Courel, coas súas barbas tan particulares de home de moito respecto e cortesía. Con Manolo, foi xeneroso, e aumentoulle a melena. O mestre Servilio quedou coma un doutor, ata lle engadiu un cartel para modificarlle o seu nome pouco común (comentou, ante a solución do erro, “Para todo hai remedio”). Cruz foi posar para o artista e logrou aparentar beizuda, cunha napia considerable e unha cabeleira negra. O conserxe tampouco se librou das mans do artista, cuns pelos estilo punki e con moitos anos menos.
 Por último, adicoulle un tempo aos nosos personaxes favoritos : Bob Esponja, Filemón e a nosa benquerida mascota Belusiña. Tamén algúns profes que se escapuliron e fuxiron non se libraron.
MOITAS GRAZAS LUIS.