15 dic. 2010

BOTALLE UN OLLO! É INTERESANTE!!

ANÍMATE A LER ALGÚN ESTAS VACACIÓNS.
PREME NA IMAXE PARA APROXIMAR































Escribe un comentario se les algún destes libros. Non te esquezas de firmalo. PUBLICARÉMOLO
 (Para facer un comentario só tes que buscar a palabra comentario que está un pouco máis abaixo e pinchar nela. Verás que xa podes escribir. Anímate a facelo)


POR CERTO: NON TE ESQUEZAS DO QUE CHE PROPUSO BELUSIÑA DÚAS ENTRADAS MÁIS ABAIXO (onde se fala dun premio Nobel ). FAINO NAS VACACIÓNS E RECOLLE O TEU PREMIO EN XANEIRO






12 dic. 2010

RECURSOS PARA O NADAL

 Si neste NADAL te queres divertir...  un libro debes abrir.

Podes entrar neste enlace elaborado polos mestres do Ceip Milladoiro. GRAZAS POR COMPARTIR

https://docs.google.com/View?id=drcc5w9_57z3bkz8dt

E tamén:

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php?pax=pax2.php

MARIO VARGAS LLOSA

    O venres día 10 de decembro recolleu o PREMIO NOBEL DE LITERATURA en Estocolmo (Suecia) o escritor peruano MARIO VARGAS LLOSA.  
Anímate a ler "FONCHITO Y LA LUNA"               Portada de Mi primer Mario Vargas Llosa. Fonchito y la luna

A Belusiña gustaríalle saber:
  • Que son os Premios Nobel?
  • Información sobre Suecia
  • Biografía de Mario Vargas LLosa
  • Información sobre Perú
ELIXE UN PUNTO E TRAE A INFORMACIÓN BEN PRESENTADA E REDACTADA NO FORMATO QUE ELIXAS Á BIBLIOTECA E RECOLLE O TEU PREMIOOO.

Non te esquezas de pór a Bibliografía que empregaches. Tes de prazo ata o 31 de xaneiro de 2011. Tamén podes facer algún debuxo, traer algunha fotografía que teña que ver con este tema.

               PARTICIPA!!! 

8 dic. 2010

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

   O vindeiro 10 de decembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.

ANÍMATE   ti es un gran detective... ven pola biblioteca e ... averigua cales son estes dereitos, o motivo de elixir esta data, en que lugares do mundo se vulneran, etc. Coa información recollida elabora un dossier no formato que queiras para presentarllo aos teus compañeiros.

   Para ir quentando motores presentámosvos estes materiais recollidos por compañeiros do PLAMBE:
  • Traballo realizado polos alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo do CEIP Andrade (Pontedeume)
http://www.toondoo.com/bookEmbed.jsp?bookid=256932


  • LA DECLARACIÓN DE LOS DERECHOS HUMANOS
http://www.youtube.com/watch?v=iRNybj6cIuM