22 nov. 2010

DEREITOS DA INFANCIA

   Esta semana na nosa Biblioteca temos exposicións e proxeccións sobre os DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS. Anímate a seguir investigando e divertíndote no seguinte enlace: https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/  

MOITAS GRAZAS O CEIP VÍCTOR SAÉNZ  por esta recompilación, especialmente a Mª Asunción García Álvarez.

14 nov. 2010

NAVEGA CON RUMBO POLA REDE

   Nesta páxina poderás atopar unha guía que che axudará a navegar segur@... e dille a túa nai, ao teu pai, os teus profes que tamén a lean!

    http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html 

OUTONO

   O OUTONO XA CHEGOU... aquí vimos nós buscar poemiñas, debuxos, refráns, etc
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

   MOITÍSIMAS GRAZAS O CEIP VÍCTOR SAÉNZ DE MAZARICOS POR COMPARTIR CON TODOS NÓS O SEU TRABALLO.

5 nov. 2010

UNHA VISITA ESPECIAL

    Hoxe venres 5 de novembro recibimos no cole a visita de Asun Estévez, unha escritora veciña de Bueu.
Contounos moitas cousas da súa vida.
Dende moi pequeniña os seus mellores amigos foron os libros. Encantáballe ler a Rosalia e a Celso Emilio                                   Ferreiro.
Sempre quixo ser escritora e agora por fin acadou o seu  soño ESCRIBIR!!!




Falamos do seu libro "BICOS DE SOL"
un conto moi especial, basado unha experiencia 
vital da autora.
Moitas grazas Asun!